Site icon Crónica3.com A Mariña

Máis dunha vintena de embarcacións participaron acompañando á procesión marítima das festas de Burela

Máis dunha vintena de embarcacións de todo tipo participaron na tradicional procesión marítima dominical das festas de Burela. Contrastaban por tamaño pincheiros, arrastreiros, lanchas artesanais e deportivas, mesturadas acompañando ao barco que portaba a imaxe. O bo tempo animou a participación na celebración.

A xornada festiva comezou co pasarrúas da banda Ferrol, celebrouse unha misa cantada pola coral polifónica de San Cosme de Barreiros no porto e posteriormente desenrolouse a procesión marítima.
A actividade do luns, día 4, inclúe a procesión de subida das imaxes e a misa cantada pola coral polifónica de Burela, na Igrexa Parroquial. Esta xornada estará animada polas actuacións das oquestas Palladium e Panorama.

O martes, día 5, rematan aos actos das patronais de Burela, ás 12 da mañá cunha ofrenda floral no porto.

Exit mobile version