Site icon Crónica3.com A Mariña

Entidades de Galiza únense na Limpeza Simultánea de Praias para concienciar do problema da contaminación mariña

8 de xuño, venres: Limpando praias no día dos Océanos

Numerosas entidades de toda Galiza únense para unha Limpeza Simultánea de Praias para concienciar á sociedade ante o problema da contaminación mariña

7 de xuño de 2012. A “Fundación Biodiversidad” ven de seleccionar a actividade Únete e limpa a túa praia! proposta por ADEGA no marco da iniciativa “Playas, voluntariado y custodia del Territorio”. Baixo este lema ADEGA convoca a entidades das tres provincias costeiras para facer unha limpeza simultánea este venres. Centros de ensino público, institutos, universidades, escolas de surf, centros de mergullo, asociacións culturais, colectivos ecoloxistas en máis de 20 concellos dende Nigrán a Ribadeo mobilizarán a grandes e pequenos/as pola defensa dos océanos.

Exit mobile version