As ximnastas da escola mariñá Porta Norte regresaron con éxito e trofeos do Campionato Galego de Promoción da Ximnasia Rítmica, celebrado o sábado pasado en Ourense. Na categoría infantil individual, Ana Rico proclamouse subcampioa, cun exercicio de mazas, e na modalidade colectiva, o conxunto de prebenxamín tamén conseguiu a Prata, cunha brillante posta en escena de mans libres.
Porta Norte tivo representación de 11 ximnastas na cita. As demostracións individuais da mañá deron paso, pola tarde, á demostración dos conxuntos Prebenxamín, subcampión, e infantil, que rematou na sétima praza.