UNHA NOVA ESCULTURA EN VIVEIRO
A CULTURA DO ESFORZO
Fina Ramallal Bouso e Otero Regal doaron e inauguraron unha escultura cedida a o Instituto de Viveiro Vilar Ponte.
“E un muro, con entrantes e sientes, furados, recunchos, moito color e 22 cabezas de rapaces e rapazas, todo elo aderezado de grifites con textos encol da cultura do esforzo e a vida mesma” explicou Otero Regal
A razon de chamarlle “ A cultura do esforzo devese a que según a miña opinión a actual estrutura educativa e insuficiente, porque faltan materias imprescindibles non século XXI como a cultura do esforzo, porque non pode ser que a un rapaz de 18 anos se lle compre un coche de tres millóns sen saber que hai que esforzarse», A cultura do consumo, xa que o “marqueting, engananos e tomanos o pelo continuamente e a cultura da estetica.
A escultura ten unha frase no frontis de Ortega e Gasset que dice: A civilización non dura porque aos homes só lles interesan os resultados desta: os anestésicos, os automóbiles, a radio. Pero nada do que dá a civilización é o froito natural dunha árbore endémica. Todo é resultado dun esforzo. Só se aguanta unha civilización se moitos achegan a súa colaboración ao esforzo. Se todos prefiren gozar o froito, a civilización afúndese.
E outras frses na composición da mesma como: O éxito esta composto dun 90 % de esforzo, un 5 % de talento, e un 5% de orixinalidade.
É difícil educar os fillos na cultura do esforzo, cando todo está pensado para non facer ningún.
A educación é o vestido de gala para asistir á festa da vida.
A igualdade debe consistir en que ningún cidadán sexa tan opulento que poida mercar a outro, nin ningún tan pobre que teña que venderse.