Site icon Crónica3.com A Mariña

Independentes polo Val denuncia que o Valedor do Pobo evade as súas responsabilidades

IPV denuncia que o valedor do pobo evade a súas responsabilidades.

Dende Independentes pol Val, facemos pública a denuncia sobre a conducta que tamén está a ter o valedor do pobo en funcions, José Julio Fernández Rodríguez, que en lugar de defender ó pobo mostra un total corporativismo coa Xunta de Galicia.
Trala denuncia efectuada pola miña parte ante o citado organismo referente o pasotismo da Xunta con respecto a fusión de Alfoz-Valadouro, e o imcuprimento de compromisos adquiridos por parte do presidente e vicepresidente da Xunta de Galicia con respecto os procesos de fusións.
O valedor pasa da nosa denuncia e remítenos o alcalde de Alfoz para que lle preguntemos como está o proceso de fusión e que si non nos resposta nun prazo dun mes que nos dirixamos novamente a el, o citado valedor, ademáis de evadir a súas responsabilidades mostra un claro descoñecemento do funcionamento dos concellos e organizacións municipais, xa que o simple feito de que lle realice a pregunta ó alcalde de Alfoz pode acarrear uns tempos de resposta de 2 meses, xa que os plenos son bimensuales, unha vez feita a resposta poden pasar 2 meses ata que se celebre o pleno e sexa respondida. Cando el dí claramente na súa resposta que de non recibir resposta no prazo dun mes me dirixa de novo a el para que exerza de mediador.
Hoxe mesmo lle enviaremos un anexo o expediente aberto para explicarlle ó valedor do pobo o funcionamento orgánico en concellos de menos de 5000 habitantes, xa que ou ten un claro descoñecemento do mesmo ou se está unindo a Xunta na teima de facer caso omiso do proceso de fusion de Alfoz-Valadouro.

Exit mobile version