Site icon Crónica3.com A Mariña

Independentes polo Val denuncia o pasotismo da Diputación e da Xunta con respecto ao estudio de fusión de Alfoz e Valadouro

Independentes polo Val, denuncia o total pasotismo da diputación provincial de Lugo e da Xunta de Galicia con respecto a elaboración do estudio de viabilidade da fusión dos concellos de Alfoz e Valadouro, estudio que foi solicitado fai meses.
Un clara mostra diso e que o estudio sobre a fusión de Oza e Cesuras foi soliciado con posterioridade ó de Alfoz-Valadouro e xa o teñen realizado, preguntámonos cal é o motivo porque a Xunta quere paralizar o proceso de fusión dos concellos do Val do Ouro.
Igualmente a diputación de Lugo, na que goberna o Bng, que apoiaba o proxecto de fusión, polo menos antes de quedarse sen xente en Alfoz, continúa de brazos cruzados respecto a elaboración do estudio e a todo o proceso en si, posición que contrasta radicalmente coa da diputación de Coruña que colaborou de forma activa coas demandas dos concellos de Oza e Cesuras que comenzaron o proceso con posterioridade.
Dende IPV e unha vez admitida a nosa queixa polo valedor do pobo, estamos a espera da súa resposta, que esperamos esixa premura e responsabilidade no cumprimento dos seus compromisos a Nuñez Feijoo, no referente os procesos de fusións e non se limite o seu compromiso a meros actos propagandísticos.
O presidente da Xunta está demostrando ser un verdadeiro cantamañas, e que goberna soamente con fins propagandísticos, algo que está demostrando claramente co proceso de fusións, xa que non estaba interesado en apoialos realmente senón en ser o primeiro que anunciaba algunha.
Coa paralización desde proceso, estase continuando a supeditar os interese partidistas e persoais de certas persoas antes que os interese dos veciños a os que lle afecta, por outra parte, reflexo do ámbito político xeral na actualidade.

Exit mobile version