Site icon
Crónica3.com A Mariña

Manuel Lourenzo, Comba Campoy e Carlos Blanco impartiran cursos de teatro en Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro

Información sobre os cursos de teatro que haberá este ano na Mariña  a dentro das Accións formativas Buxiganga 2012. Este ano os cursos terán lugar en Mondoñedo, Ribadeo e Viveiro.

CURSOS A MARIÑA

INTERPRETACIÓN

Manuel Lourenzo

7, 14, 21 e 28 de xullo (09.00 h-14.00 h)

Casa da Xuventude de Mondoñedo

20 prazas

20 euros (custo reducido de 10 euros para os participantes nos circuítos de Buxiganga 2012)

Horas: 20 h

O CORPO NO ESPAZO é un curso intensivo de teatro que ten como obxectivo a preparación para unha creación teatral consciente e motivadora. Exercicios do corpo e da voz –sensibilización, ritmo, acción, interpretación– na procura da definición de teatro como fiel e constante metáfora da vida humana.

PONTE EN ESCENA

Comba Campoy

2, 7, 9, 14, 21, 23, 28 e 30 (20.30 h-23.00 h)

Cine Teatro de Ribadeo

20 prazas

20 euros (custo reducido de 10 euros para os participantes nos circuítos de Buxiganga 2012)

Horas: 20 h

Este curso é unha invitación ao xogo. Xogar a ser outras persoas, a contar a través da recreación de situacións e emocións, a través dos nosos corpos, para comunicarllo a un público. Iso é o teatro, unha das formas máis antigas de xogo que coñecemos.

Ao longo das distintas sesións, aprenderemos a soltar os nosos corpos para preparalos para xogar, creando distintos personaxes e situacións. O corpo é a nosa ferramenta de traballo e polo tanto é fundamental unha posta a punto para poder sacarlle o máximo partido antes de enfrontarnos ao traballo cun texto teatral.

Prepararemos algunhas escenas breves da literatura dramática galega e universal. Desta maneira, iniciarémonos no traballo con textos para a preparación dun papel e a creación de personaxes, a comprensión das súas motivacións e os métodos máis eficaces para a memorización e dicción dos textos.

E como o teatro non existe sen un público, a presentación dunha mostra do traballo realizado durante o curso será a conclusión imprescindíbel para poñernos, definitivamente, en escena.

MONÓLOGOS

Carlos Blanco

29 e 30 de setembro (09.00 h-14.00 h / 16.00 h-21.00 h)

Teatro Pastor Díaz de Viveiro

20 prazas

20 euros (custo reducido de 10 euros para os participantes nos circuítos de Buxiganga 2012)

Horas: 20 h

O xogo,  o improviso, a esencia da stand up comedy… Encontro intensivo co humor e a creatividade, un tempo para xogar, desfrutar e aprender.

Dous días para tentar topar algunhas ferramentas que nos permitan enfrontarnos a un publico demandante de risos.

Como tentar dominar a ese animal indefinible denominado “o público

——————————–

FOLLA DE INSCRICIÓN NOS CURSOS FORMATIVOS INCLUÍDOS DENTRO DO PROXECTO TEATRAL BUXIGANGA, PERTENCENTE Á ÁREA DE CULTURA E TURISMO DA DEPUTACIÓN DE LUGO

ANO 2012

D./Dna……………………………………………………………………………………

DNI……………………………Teléfono………………………………………………..

Enderezo…………………………………………………………….CP………………..

Localidade……………………………Concello de……………………………………..

Provincia………………….Enderezo electrónico……………………………………………………..

□ Pertenzo a un grupo dentro de Buxiganga que é:………………………………………..

□ Pertenzo a un grupo que non está en Buxiganga que é: ………………………………..           □ Non pertenzo a ningún grupo

Marque cun x os cursos nos que desexa inscribirse

LUGO

Prácticas de cine  □

Dramaturxia  □

Cabaré  □

Interpretación  □

A MARIÑA

Interpretación (Mondoñedo)  □

Ponte en escena (Ribadeo)  □

Monólogos (Viveiro)  □

ZONA SUR

Clown (Sarria)  □

Ponte en escena (Monforte)  □

Total a pagar……… €

Para ingresar na conta de NOVA-GALICIABANCO 2080-0163-85-3110000423

Sinatura do/a solicitante

En……………… ,…… de…………… 2012

Exit mobile version