MANUEL LOURENZO IMPARTIRÁ UN CURSO DE INTERPRETACIÓN TEATRAL EN MONDOÑEDO
A inscrición para o curso organizado ao abeiro de Buxiganga que se celebrará en xullo permanece aberto xa que aínda hai prazas libres
Terá lugar os días 7, 14, 21 e 28 de xullo de 9.00 a 14.00 horas na Casa da Xuventude de Mondoñedo
O curso ten por título “O corpo no espazo”, e trátase dun curso intensivo de teatro que ten como obxectivo a preparación para unha creación teatral consciente e motivadora. Exercicios do corpo e da voz –sensibilización, ritmo, acción, interpretación– na procura da definición de teatro como fiel e constante metáfora da vida humana.