Site icon Crónica3.com A Mariña

Medio Ambiente emitiu a declaración de impacto ambiental do enlace centro da variante de Viveiro

Medio Ambiente emite a declaración de impacto ambiental do enlace centro da variante de Viveiro, que canalizará parte do tráfico da LU-862 e da LU-540 e mellorará a seguridade na zona

· O obxecto desta actuación é mellorar a accesibilidade ao núcleo de Viveiro mediante a incorporación dun novo enlace, que permitirá canalizar o tráfico, tanto lixeiro como pesado, desconxestionando as vías da capital municipal e de Celeiro

· A declaración de impacto ambiental que hoxe publica o DOG supón a habilitación ambiental do proxecto que posteriormente será aprobado definitivamente

Santiago, 14 de xuño de 2012.- O Diario Oficial de Galicia (DOG) publica hoxe a declaración de impacto ambiental (DIA) da vía de alta capacidade O Barqueiro-San Cibrao, no treito: enlace centro de Viveiro.

O obxecto desta actuación é a necesidade de mellorar a accesibilidade ao núcleo de Viveiro mediante a incorporación dun novo enlace, o que permitirá canalizar parte do tráfico, tanto lixeiro como pesado, que circula polas estradas LU-862 (estrada da costa) e LU-540 (Viveiro-Cabreiros), pola nova vía, en condicións máis favorables de seguridade, comodidade e rapidez.

O enlace centro de Viveiro funcionará como unha auténtica circunvalación que mellorará a mobilidade da poboación, así como a accesibilidade ao núcleo urbano, desconxestionando as travesías da capital municipal e de Celeiro, que sofren importantes retencións sobre todo na época estival.

A declaración de impacto ambiental que hoxe publica o DOG supón a habilitación ambiental do proxecto que posteriormente será aprobado definitivamente. Nela establécense os condicionantes ambientais que deberán de terse en conta nesta actuación para a súa correcta integración no medio ambiente.

A DIA do Proxecto de Trazado e Estudo de Impacto Ambiental do enlace centro de Viveiro inclúe as prescricións pertinentes sobre o xeito de realizar o seguimento das actuacións, de conformidade có programa de vixilancia ambiental; tendo en conta a salvagarda dos ecosistemas e a súa capacidade de recuperación.

Os condicionantes recollidos nesta DIA, que deberán terse en conta durante o proxecto son:

– Protección da atmosfera

– Protección dos niveis sonoros

– Protección das augas e leitos fluviais

– Protección do solo

– Xestión de residuos e vertidos

– Protección da fauna, vexetación e hábitats naturais

– Protección do patrimonio cultural

– Integración paisaxística e restauración

– Programa de medidas correctoras

– Programa de vixilancia ambiental

Exit mobile version