Site icon Crónica3.com A Mariña

Mentiras noxentas?

MENTIRAS NOXENTAS?

Mentiras. Mentiras rancorosas, mentiras vergoñentas, mentiras disfrazadas, mentiras con odio, mentiras piadosas… Mentir esta moi barato por estas datas. De diferente persoas, de diferentes clases, pero todas ocultan a verdade. E ás veces pregunto eu: Que significa a verdade? Porqué nos molesta tanto que nola escondan detrás de palabras traizoeiras?. Moitas veces refuxiámonos na ignorancia, non queremos saber o que pasa realmente, tapámonos cun cobertor ficticio como o neno asustado na noite, coma se iso nos protexese…Entón porqué reprochamos tanto a quen nos menten?

Salta á vista que existen moitas mentiras, pero se alguén nos intenta protexer ocultándonos información, esta claro que é un mentireiro, pero nos traizoou, é o noso amigo ou se cadra é algo máis…? Se cadra nos molesta esa actitude sobre protectora, tal vez non vemos as intencións máis alá da mentira, ou, simplemente odiamos sentirnos vulnerables e envorcamos a nosa ira nesa persoa . Pero non é máis importante a finalidade, a razón do porque se mente, ao simple feito de levalo a cabo?
Non o entenderei nunca. A conclusión máis directa que saco tras isto, é que o enfado é a resposta automática á mentira, independentemente da razón pola que se mente. Valoramos máis o acto que as intencións que nos levan a realizalo e non o teño claro si iso nos fai algún ben.

Persoalmente sempre me preguntei se mentir para protexer é correcto e temo que nunca chegarei a unha conclusión clara. Se algunha vez o descubro prometo contárvolo, ata entón, despídome.

Otero Regal

Exit mobile version