Site icon Crónica3.com A Mariña

Metáfora da cita inexistente

– Quedamos as oito?  – é unha pregunta, unha proposta, amosar un interese por unha das partes-

– É posible, penso que non hai problema. Chámame – é unha resposta, cunha porta aberta e un condicionante. Non é unha negativa –

– Que, confirmamos a cita das oito?. – chegado o momento é cumprir co acordado, chamar porque hai interese –

– Si tes todo listo, non hai problema,  igual cambiamos o horario – hai resposta, no amosa gran atranco aparente e expón contradición e condicionantes. Oculta incapacidade de decisión e transmite  indefinición-

– Entón como facemos? – inicio da dubida, exposición de preocupación e comezo de perda de confianza –

– Temos que falalo – non hai valor a expoñer un problema. Transmite un paso atrás. Que está influenciado. Recúa. Non é capaz de resolver por si so. Para cumprir e dependente. So figura. Está parasitado. Non ten poder –

Rematou a metáfora do poder dos parasitos e a cita inexistente. Pode vivila vostede cada día, incluso padecela.

S. Segundo

Exit mobile version