Site icon Crónica3.com A Mariña

O acondicionamento dos camiños do Buio e do Cantiño en Burela realizaráse no verán con cargo ao PEIM

O ACONDICIONAMENTO DOS CAMIÑOS DO BUIO E DO CANTIÑO REALIZARÁSE DURANTE O VERÁN. MANUEL FERNÁNDEZ VALLE ASISTIU EN LUGO Á SINATURA DO CONVENIO DO PEIM COA XUNTA.
Burela, 20 de xuño de 2012. O acondicionamento dos camiños do Buio e do Cantiño realizaráse durante o verán, segundo asegura o concelleiro de Obras, Manuel Fernández Valle, que esta mañá asistiu en Lugo a sinatura do convenio do PEIM.
O edil popular explicou que “hoxe formalizamos e asinamos en Lugo o convenio do PEIM, e tal como xa anunciamos hai meses as obras que se realizarán son os acondicionamentos dos camiños do Buio e do Cantiño”. Fernández Valle lembrou que “estas obras foron definidas de acordo coa asociación de veciños O Vencello e coa Comunidade de Montes en Man Común Burela”.
O concelleiro de Obras sinalou que “os traballos suporán un investimento de 53.000 euros que aportan a Xunta e o goberno central, que se executará no 2012, aínda que tiña que estar feito 2011. Remátase agora porque ata xaneiro deste ano o goberno central non fixera a súa aportación a este convenio e agora a Xunta está a axilizar os trámites para poder executar as obras no prazo máis breve posible e que así as poidan disfrutar todos os veciños e veciñas deste concello”.

Exit mobile version