Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Burela tratará do PXOM co secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental

O ALCALDE REUNIRÁSE O VINDEIRO XOVES CO SECRETARIO XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL DA XUNTA PARA FALAR DO PXOM DE BURELA.

Burela, 19 de xuño de 2012. O alcalde de Burela, José María González Barcia, viaxará o vindeiro xoves, 21 de xuño, a Santiago de Compostela para manter un encontro co secretario xeral de Calidade e Avaliación Ambiental, Justo de Benito Basanta. O obxectivo da xuntanza é analizar aspectos vinculados coa memoria ambiental do Plan Xeral de Ordenación Municipal.

González Barcia acudirá a Compostela acompañado por técnicos da empresa redactora do PXOM de Burela. O encontro está previsto para as 11:30 horas.

Exit mobile version