Site icon Crónica3.com A Mariña

O alcalde de Cervo entregou un cheque por valor de 4.200 euros á Asociación de Veciños Cervo-Sargadelos

O Concello entrega unha axuda de 4.200 euros á Asociación de Veciños Cervo-Sargadelos

-O alcalde outorgou un cheque á entidade para axudar a financiar a obra de colocación de varandas en dúas rúas da vila cervense

Cervo, 14 de xuño de 2012-O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, fixo entrega dun cheque por valor de 4.200 euros á Asociación de Veciños Cervo-Sargadelos, recollido polo presidente da entidade, Manuel Facal. A contía está destinada a contribuír ao financiamento dunha actuación levada a cabo na vila cervense a iniciativa da entidade, en concreto a colocación de varandas de aceiro inoxidable na rúa da Igrexa e na avenida de Galicia. Uns accesorios de apoio que serán de utilidade aos peóns á hora de transitar por esas vías da localidade nas que existe certo desnivel.

Esta é a última contía de axuda que quedaba por entregar incluída no convenio de colaboración que o Concello estableceu con distintas asociacións sen ánimo de lucro do municipio.

“Dende o Concello apoiamos a iniciativa desta entidade por tratarse dunha actuación para a mellora da calidade de vida da veciñanza” explica o rexedor. “A colaboración entre as administración públicas e o tecido asociativo é fundamental para entre todos ir dando pasos en beneficio da poboación” engade o mandatario cervense, “unha liña de traballo que seguirá guiando a nosa acción de goberno”.

Exit mobile version