RESUMO DO ACTO INFORMATIVO SOBRE OS RECORTES SOCIAIS E SANITARIOS
O deputado Manuel Parga e o médico Iago Villamil falaron do prexudiciais que resultarán os recortes, nomeadamente nas clases máis desfavorecidas, así como da eliminación de certas axudas ás familias con fillos que incidirán negativamewnte na natalidade galega, xa en cifras críticas.
Advertiuse da inminente eliminación do sistema universal de saúde, falouse tamén do copagamento das menciñas, das prestacións para ortopróteses e do transporte sanitario non urxente.
Disertaron tamén os conferenciantes arredor da intromisión do goberno central nas competencias sanitarias da Xunta da Galiza, mesmo limitando o recollido no Estatuto de Autonomía verbo da sanidade, e da precarización do traballo do persoal sanitario, o que traerá perda de calidade no servizo ao doente.
Villamil e Parga salientaron as solucións que achega o BNG pra arranxar esta situación, entre moitas outras a creación dunha Banca Pública Galega, aumento da tributación ás rendas de máis de 100.000 € anuais ou a redución do gasto militar e das partidas destinadas á casa real.