Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Cervo agarda que o goberno local elimine o gasto da praza de asesora que considera indecente para un concello de 4.500 habitantes

O BNG AGARDA QUE O GOBERNO LOCAL ELIMINE O GASTO DA PRAZA DE ASESORA EN CERVO QUE CONSIDERA INDECENTE PARA UN CONCELLO DE 4.500 HABITANTES.

O relevo da concelleira dimitida non debe cobrar das arcas públicas nin un euro mais do que percibía Pilar Álvarez ou estariamos falando de concelleiras de primeira e segunda clase.

Estúa afirma que o PP que teima en pedir austeridade aos demais mentres reparte con xenerosidade o que é de todos e todas entre os seus.

Cervo, 5 de xuño de 2012. O BNG agarda a eliminación que a dimisión da concelleira de Igualdade e Xuventude supoña un importante aforro para as arcas municipais de Cervo coa súa substitución pola até agora asesora da alcaldía, Pilar Armada. O portavoz municipal nacionalista, Xoán Antón Estúa García agarda que se elimine a praza de asesora o que suporá un aforro anual 21.000 euros, tanto como catro das oito medidas recadatorias aprobadas polo goberno local no Plan de Axuste. O nacionalista estima que nun concello como Cervo con menos de 4.500 habitantes “é indecente manter unha praza destas características” e confía en que o alcalde “non discrimine entre concelleiras de primeira e segunda clase”, poñendo á substituta da dimitida, Pilar álvarez, un salario superior ao que percibía a dimitida.

É indecente que no concello de Cervo con menos de 4500 o PP cree unha praza de asesora mentres se recortan servizos e persoal.

O BNG saiu ao paso das declaración dos alcalde, Alfonso Villares en relación ao posto de asesora da alcaldía que exerce Pilar Armada cun custo anual de 21.000 euros, para os nacionalistas este posto é indecente polo que significa “tanto en termos éticos como económicos” , “é indencente que o PP solucione os seus problemas internos con cartos pagados co diñeiro da cidanía” nun concello que non chega aos 4.500 habitantes e onde se está prescindindo de servizos e persoal. Os nacionalistas consideran que “non son comparabeis”, como fai Villares, a administración local que preside coa Deputación xa que esta “multipilca por 20 o orzamento do concello de Cervo e conta cun volume moi superior de traballo.”

A concelleira dimitida tiña un salario asignado de 8.429,36 que debería respectarse para o seu relevo ou estariamos diante de concelleiras de primeira e segunda clase.

Para o portavoz municipal nacionalista, Xoán Antón Estúa García, a dimisión de Pilar álvarez debería servirlle ao alcalde para “rectificar e baixar á terra”, “si Pilar Armada recolle o testigo da concelleira demitida debería eliminarse o gasto de 21.000 euros de asesora da alcaldía e asumir o posto co salario que percibía Pilar álvarez xa que en caso contrario estaremos falando de concelleiras de primeira e segunda división”. O nacionalista insistiu en que “as arcas públicas non poden servir para amañar os problemas persoais de ninguén, incluído o PP que teima en pedir austeridade aos demais mentres reparte con xenerosidade o que é de todos e todas entre os seus”.

Exit mobile version