Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Lourenzá amosase contra a suba de taxas e o despilfarro do equipo de goberno

O BNG DE LOURENZÁ CONTRA A SUBA DE TAXAS E O DESPILFARRO DO EQUIPO DE GOBERNO

Lourenzá, 8 de xuño de 2012. Nestas últimas datas está a chegar ate o seo do BNG de Lourenzá as queixas de numerosos veciños pola suba sistemática de taxas, primeiro foi o Imposto de Vehículos de Tracción Mecánica (IVTM) e agora a suba da auga, lembran os nacionalistas laurentinos o seu rexeitamento total durante o discurso do pleno no que se debateron a suba destas taxas ao considerar por enésima vez que se está a facer pagar o custe dunha xestión nefasta aos cidadáns. Consideran no BNG de Lourenzá que a suba de taxas do servizo municipal de augas é incompresibel dende o punto de vista ético, xa que coa suba dun 6,4% nas tarifas e a implantación dun novo canón o Concello prevé incrementala sua recadación en 26.046,89€, e non acertan a comprender que isto poda suceder ao mesmo tempo que os cargos electos do Concello incrementan os seus salarios en 14.000€ ao ano. Debido a estes feitos os nacionalistas anunciaron a próxima presentación dun rogo á alcaldía solicitando que o concello esixa á empresa concesionaria do servizo municipal de augas “ Espina y Delfín SL” o envío de factura detallada a tódolos usuarios do servizo, no que se reflicta claramente os canons aplicados e a lectura feita en contadores, segundo explicou o portavoz nacionalista César Docampo: “pedímoslle ao concello que esixa á empresa concesionaria do servizo que envíe factura a tódolos usuarios, pois hoxe en día os veciños que temos o pago domiciliado non nos chega esta factura, e só recibimos unha carta bancaria, co cal non podemos facer comprobación dos consumos facturados, consideramos pois que esta factura debería de ser enviada por defecto e sen necesidade de ir a pedila persoalmente”. Con esta medida pensan no BNG de Lourenzá que polo menos axudaría ao colectivo veciñal a poder controlar o seu gasto individual de auga.

Exit mobile version