Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG defendeu no Parlamento a obriga das administracións galega e estatal de apoiar a viabilidade de Alcoa

O BNG DEFENDEU HOXE NO PARLAMENTO GALEGO A OBRIGA DAS ADMINISTRACIÓNS GALEGA E ESTATAL DE APOIAR A VIABILIDADE DE ALCOA, O MANTEMENTO DO EMPREGO E CONDICIÓNS LABORAIS DOS CADROS DE PERSOAL TANTO NA EMPRESA PRINCIPAL COMO NAS SÚAS AUXILIARES

Traballadores de San Cibrao asistiron ao debate e agardan apoio institucional e social para manter e pé unha empresa da que viven centos de familias na Mariña e representa o 30% do PIB de Lugo.

Os nacionalistas critican que o goberno galego se limite a facer anuncios sen contido real e a negativa a apoiar as condicións socio-laborais dos cadros de persoal da empresa principal e auxiliares.

A Mariña, 26 de xuño de 2012. O Parlamentario do BNG, Fernando Branco Parga, portavoz nacionalista na área de enerxía defendeu hoxe no pleno do parlamento galego a necesidade de que as administracións galega e estatal tomen as medidas precisas para garantir a viabilidade dos centros de produción da multinacional ALCOA na Coruña e San Cibrao. O nacionalista demandou ademais o mantemento das condicións socio-laborais dos cadros de persoal tanto da empresa principal como das súas auxiliares. Ao debate asistiron unha representación de traballadores da planta de San Cibrao. Os nacionalistas criticaron aos populares que se limitan a facer anuncios sen contido real e abandonan aos cadros de persoal á súa sorte tanto na empresa principal como nas auxiliares.

Segundo explicou Fernando Branco Parga, a incerteza sobre a normal actividade dos centros galego de ALCOA ven motivada polos custes enerxéticos que representan entre o 35 e o 40% dos custes de produción e o remate a finais de ano do contrato singular que a multinacional mantén cunha empresa comercializadora. O remate deste contrato o 31 de decembro de 2012 conxuntamente coa aprobación do Real Decreto-Lei 13/2012 de 30 de marzo produce un encarecemento enerxético do 10% que faría moi dificultosa a viabilidade da empresa.

Os nacionalistas cualifican de preocupantes a parálise do goberno galego e as declaracións declaracións do ministro de Industria en relación ao réxime tarifario.

O nacionalista fixo mención ás preocupantes declaracións do Ministro de Industria, Turismo e Comercio, Sr. Soria, nas que anunciaba modificacións no marco retributivo do sistema eléctrico que, cando menos, xera incerteza para negociar un novo contrato a longo prazo e con prezos baixos como ALCOA necesita.

Galiza non se beneficia de ser comunidade excentaria en produción enerxética como o fan outras comunidades do estado.

Fernando Branco ademais aludiu á discriminación negativa de Galiza como comunidade excedentaria en produción eléctrica, ao non recollerse nas modificacións lexislativas tarifas eléctricas mais baixas no noso país, polo excedente de produción e os custes sociais e medio ambientais soportados.

O nacionalista urxiu á Xunta de Galiza a axilizar o remate do gasoducto que tamén axudará a reducir custes de produción e minorará o impacto medio ambiental, moito mais cando o goberno galego anunciara a súa execución neste ano e as obras continúan paralizadas.

O PP negouse a apoiar o mantemento do emprego e condicións socio-laborais da empresa principal e auxiliares

O parlamentario nacionalista non deixou de lado a situación laboral dos cadros de persoal xerados en ALCOA e empresas auxiliares, moito mais nunha comarca tan castigada polo desemprego, cunhas taxas de paro que medraron dende xuño de 2009 ate xuño de 2012 nun 52%, polo que o apoio das administracións galega e estatal a esta empresa deben ir acompañados do compromiso da multinacional polo mantemento do emprego e das condicións socio-laborais tanto da empresa principal como das auxiliares. Fernando Branco Parga criticou a negativa do PP a apoiar o punto da iniciativa referido ao mantemento do emprego e condicións socio-laborais tanto da empresa principal como das súas auxiliares.

Exit mobile version