Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG ocupa a sede de Facenda en Foz en defensa dunha nova política económica

“É hora de depurar responsabilidades políticas e xudiciais diante da situación de Nova Galiza Banco”

“Non estamos dispostos a ser os avalistas do rescate para a Banca” afirmou Veiga

O BNG ocupa Facenda en defensa dunha nova política económica, en oposición ao rescate do Estado e contra as axudas públicas a Banca.

Un feixe de militantes nacionalistas ocuparon durante dúas horas a sede da axencia tributaria en Foz coincidindo coa campaña da renda diante das información que apuntan ao rescate da banca e tamén atendendo as novas recentes sobre o volume das novas axudas públicas que se lle van achegar a Nova Galicia Banco para demandar unha mudanza nas políticas económicas, defender un novo sistema fiscal que non provoque a carga dos impostos recaia sobre as maiorías sociais e para denunciar as políticas de axudas a banca con diñeiro público.

“Non estamos dispostos a ser os avalistas do rescate para a Banca” afirmou Veiga quen expresou a “enérxica oposición do BNG diante dunha decisión que vai provocar unha perda de poder adquisitivo dos traballadores, unha perda nos seus dereitos sociais e laborais, un aumento do desemprego, o empobrecemento xeneralizado da poboación e a destrución dos servizos públicos.É autenticamente escandaloso que as maiorías sociais nos convertamos nos páganos dos excesos do sector financeiro, un sector que nos anos da vacas gordas non socializou o beneficio e agora pretende que sexamos todos quen paguemos a súa factura. Atoparanos na Rúa e no Parlamento todas aquelas medidas que van vinculadas ao mesmo e que o uníco que van contribuír e a facer máis dolorosa a situación económica”.

O Responsábel Comarcal do BNG, Antonio Veiga, denunciou que “ non é de recibo que co diñeiro de todos os cidadáns o Estado proceda a inxectar diñeiro público ao sistema financeiro, diñeiro que acada cantidades escandalosas e diñeiro, que desde logo non chega a quen máis o precisa, isto é as familias, autónomos e Pemes. É necesario que o circuíto do credito non fique parado se queremos que sexa posíbel o mantemento da actividade económica e particularmente que se cree emprego, pero o crédito só vai chegar a sociedade a medio dunha Banca Pública. Pero hai máis, non podemos dar por bon as políticas de rescate a banca, cando as cantidades son as que estamos coñecendo estes días. Xa sabemos que os 4.500 millóns que o estado vai inxectar agora en Nova Galiza Banco, ao que demos sumar outros 3.100 que foron achegados anteriormente, non é un caso único no conxunto do sistema financeiro español, pero o que nos parece escandaloso é que os responsábeis da situación actual da entidade, os directivos que os situaron nunha situación de quebra, non asuman ningún tipo de responsabilidade. Insistimos é hora de que o Parlamento de Galiza, dadas as competencias que ten a Comunidade Autónoma en materia financeira, investigue a xestión e depure as responsabilidades da situación actual. Os mesmos que directivos que marcharon para a casa con indenimzacións millonarias son os que hoxe deben responder política e xudicialmente”.

“As políticas económicas do PP e do PSOE fracasaron, polo que son necesarias novas medidas”, afirmou o Portavoz do BNG, quen “defendeu a necesidade dunha nova política fiscal que obrigue a pagar a quen máis ten, unha política fiscal que combata o fraude e non que promova amnistías para as grandes fortunas que defraudan. Unha nova política económica que sitúe como prioridade a loita polo emprego e que por conseguinte ten que investimento público e desde logo a posta en marcha de novas políticas que non convertan a crise nun factor que contribúa a aumentar as desigualdades sociais. Nestes catro anos de crise vivimos retrocesos sociais inimaxinábeis, fronte a isto non é hora de resignación senón de loita”.

Exit mobile version