Site icon Crónica3.com A Mariña

O Campus Laranxa, todo un clásico no verán da Mariña

O CAMPUS LARANXA, TODO UN CLÁSICO NO VERÁN DA MARIÑA

Cun lustro de experiencias, formación con deportistas de elite e, sobre todo, diversión volve o Campus Internacional Mixto de Fútbol Sala Base Burela FS convertido en todo un clásico xa no verán da Mariña.

Para a sexta edición, que terá lugar entre o 12 e o 14 de xullo, as inscricións marchan a moi bo ritmo, unha cita cita na que xa confirmaron a súa presenza o adestrador de porteiros das Selección Española de Fútbol Sala, César Arcones, e o preparador físico da Vermella, Antonio Bores. Entre o profesorado tamén haberá caras coñecidas, dos equipos séniors, e quen sabe? quizais algunha novidade que poida revolucionar a pista de Vista Alegre a vindeira tempada.

Ata o venres 6 de xullo, todos aqueles/as rapaces/as de entre 7 e 14 anos que queiran gozar deste deporte cos mellores especialistas nacionais e internacionais na materia poderán reservar a súa praza. A folla de matrícula está á disposición das persoas interesadas nas oficinas do club (avda. Arcadio Pardiñas, número 97) ou a través da web www.burelafs.org/campus.

Tarifas. O prezo da matrícula para o alumnado da ED EON Burela FS e dos clubs vinculados á entidade laranxa por convenios será de 35 euros e para o resto de 50. Aqueles/as alumnos/as que o desexen tamén poderán escoller entre un réxime de media pensión (25 euros máis) e un de pensión completa (60 euros máis).

Exit mobile version