Site icon Crónica3.com A Mariña

O Club Baloncesto Burela presenta a memoria de actividades da tempada 2011-2012

MEMORIA DE ACTIVIDADES TEMPADA 2011-2012

Na pasada tempada 2011-2012 o Clube Baloncesto Burela participou nas competicións con OITO equipos ( 6 femininos, un masculino e un mixto) nas categorías que seguen:

JÚNIOR FEMENINO

Nesta categoría participamos na competición cun equipo que tivo 9 licenzas federativas, que adestraron as ordes de José Manuel Rubal González un total de 4 horas semanais nos pavillóns Vista Alegre e Monte Castelo de Burela. Participando na competición no Grupo B da 2ª división Júnior femenina quedando clasificadas na fase regular na quinta posición. Competindo con equipos da provincia e da Delegación de Ferrol.

CADETE FEMENINO

Este equipo tivo un total de 12 licenzas. Entrenou 4 horas semanais as ordes do adestrador José Manuel Cobas Quiroga. Participou na fase regular da 2ª división cadete femenino, quedando clasificadas en quinto lugar do grupo B. Na segunda fase da competición acadou o posto 25 de segunda división de toda Galicia.

INFANTIL FEMENINO

Este equipo tivo un total de 8 licenzas, participou na fase zonal da competición escolar, proclamándose subcampión da mesma.

Adestrou 4 horas semanais as ordes do adestrador Carlos Méndez Pena.

ALEVÍN FEMENINO.

Nesta categoría participamos con dous equipos cun total de 22 licenzas, participaron na fase zonal da competición escolar, acadando os postos terceiro e cuarto.

Adestraron 3 horas semanais as ordes dos adestradores Eulogio Ben López e Carlos Méndez Pena.

ALEVIN MASCULINO.

Neste equipo, tivemos 12 licenzas, adestraron 3 horas semanais as ordes da adestrador Eulogio Ben López e participaron na fase zonal da competición escolar, quedando clasificadas en segundo lugar.

BENXAMIN MIXTO

Este equipo ten un total de 15 licenzas, adestraron 3 horas semanais as ordes da adestrador José manuel Cobas Quiroga participou na fase zonal da competición escolar quedando clasificadas en primeiro lugar e na fase final provincial acadando o subcampionato.

BENXAMIN FEMENINO

Cun total de 8 licenzas, adestraron as ordes do adestrador José Manuel Cobas, participaron na fase local da competición escolar, obtendo un importante número de vitorias nas xornadas que tiveron lugar nas localidades de Foz e Burela.

CONCLUSIÓNS

Na temporada que acaba de rematar, o noso clube tipo en competición oito equipos, o maior número das últimas temporadas e ata oitenta e seis xogadores/as; o cal nos converte nun dos club de basket da provincia cun maior número de xogadores/as. É de salientar que a maior parte dos equipos son femininos, xa que temos máis xogadoras que xogadores.

Por último, queremos salientar que toda esta actividade foi posible realizala sen cobrar cota algunha aos xogadores/as e sen que na actual tempada se firmase convenio de colaboración co Concello; só contamos con pequenas axudas da Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e da Excma. Deputación Provincial de Lugo, e a colaboración moitas veces desinteresadas dos adestradores e dunha maneira moi especial dos pais/nais dos xogadores/xogadoras.

Nas categorías cadete y júnior, e de suma importancia chegar a acordos con outros clubs da comarca, para acadar o número de xogadoras suficiente para manter equipos en competición e que se poida competir en pé de igualdade cos máis importantes club da Galicia.

Exit mobile version