Site icon Crónica3.com A Mariña

O comercio de Ribadeo permanecerá aberto ata as once e media da noite o día 22 por inicitaiva de ACISA

ACISA AGARDA QUE O RIBADEO ABERTO DO VINDEIRO VENRES SEXA TODO UN ÉXITO. SESENTA TENDAS OFRECERÁN DESCONTOS E SORPRESAS NUNHA NOITE ESPECIAL CON MOITAS OUTRAS PROPOSTAS.

Ribadeo, 19 de xuño de 2012. A Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos organiza o Ribadeo aberto, que terá lugar o vindeiro 22 de xuño. Trátase de manter os establecementos asociados abertos ata as 23:30 horas para que os que o desexen poidan facer as súas compras ata esa hora da noite. Todo salpicado con interesantes propostas realizadas por varios locais comerciais, e con música e poesía nas rúas a cargo de Sonda Norte.

En total 60 tendas ofrecerán descontos e sorpresas nesa noite tan especial, ademáis doutras moitas propostas. Haberá sesións de aromaterapia, proxeccións de películas de surf, actuación de djs, exposición de tocados, peiteados exprés, demostración dun tear tradicional, exposición de traxes de finais do século XIX, grabación de eventos, obradoiros infantís, photocall de mascotas, outles, noite de primeirizas, noite africana, entre outras moitas actividades.

Os establecimentos participantes son: A Flote, Antigüedades Luz, Beep, Ribeirao, Bora Bora, Botana, Del Río, Pipoll’s, Valentina, La Moda, Chocolate Chus, Canaima, D Complearte, David Oroza, Decoración Pulpeiro, Deportes O’Neal, Dubidú, El Farero, Eureka Kids, Fauna, A Mariña, Glass, Global Óptica, Gráficas Santiago, Güendolina, Hola Ola, Hola Ola Surf, Imagn_365, Azabache, Cristal, Modesto G, Ventura, Ka Internacional, La Florida, La Moda Básica, La Moda Sport, La Tienda del Bacalao, Lencería Julia, M de Marengo, Torviso, Vizcaya, Merille, Mika, Misstic, Nordés Náutica, Oportunidades Valentina, Óptica 4 Calles, Duovisión, Otzi, Vida Sana, Slalom’s, Pequerrechos, Petite Toe, Pilar Castosa, Pilar Quintana, Saia, Sendín Electricidad, Siete Pecados e Xeito.

Desde a directiva de ACISA agardan que “este primeiro Ribadeo aberto sexa todo un éxito. Estamos detectando moito interés na rúa por esta inicitiva, que pretendemos ir consolidando ano tras ano”.

ACISA organiza o Ribadeo aberto, que conta coa colaboración de Sonda Norte e do Concello. Na tarde-noite do venres 22 de xuño haberá pintado de escaparates con Andrea Lombardía, recitais de poesía na rúa con Silvia Murias, Héctor Peña e Víctor Villar e actuación da Escola de Danza de Ribadeo nas Catro Rúas a diferentes horas.

Exit mobile version