Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Burela di que fixo as probas de selección do Grumir coa normativa da Xunta, modificada recentemente

AS PROBAS DE SELECCIÓN DO GRUMIR EN BURELA FIXÉRONSE SEGUINDO A NORMATIVA VIXENTE, SEGUNDO APUNTAN DESDE O EQUIPO DE GOBERNO. PARA OS POPULARES O PSOE NON É QUEN DE DAR LECCIÓNS SOBRE ESTE TIPO DE PROCESOS.

Burela, 30 de xuño de 2012. O Concello levou adiante as probas de selección do persoal do Grumir seguindo a normativa vixente da Xunta, que foi modificada hai pouco tempo. Deste xeito o equipo de goberno rexeita as críticas vertidas nas últimas horas desde o PSOE.

Os populares explican que “a orde pola que se convocou o plan de cooperación da Xunta cos Concellos para a contratación de xente desempregada modificouse posteriormente só para o Grumir. Levantaba unha penalización que había antes que non permitía contratar a persoal que o ano anterior xa estivese traballando no Grumir e establecía a posibilidade de que os Concellos usasen o que se denomina vinculación nominal, é dicir envíaselle ao Inem unha relación de xente, e é o Inem o que despois manda á xente, sempre e cando cumpran cos requisitos establecidos”. Desde o equipo de goberno insisten en que “o Concello de Burela fixo o que contempla a norma, outra cousa é que lle guste máis ou menos ao portavoz do PSOE, pero o Concello fixo o que establece a normativa vixente e nada máis”.

Desde o Grupo Municipal Popular consideran que “o PSOE ten que ser un pouco máis discreto nesto das contratacións, porque todos lembramos que Alfredo Llano, sendo alcalde, foi presidente dunha comisión onde se seleccionou a unha concelleira do seu equipo de goberno. Pensamos que é mellor que non falen disto, porque na etapa do PSOE no Concello de Burela houbo procesos de selección de persoal que deron bastante que falar, sobre todo cando se fixo un para peóns e oficiais de albanelería fixos e montouse un bó número nese momento”. Os populares recoméndanlle aos socialistas que “que non digan nada porque nós fixemos este proceso seguindo a normativa vixente da Xunta de Galicia, lles guste ou non lles guste, e que non se preocupen porque esta xente está facendo o que ten que facer”.

Exit mobile version