A FINAIS DESTA SEMANA CONCLUIRÁN AS OBRAS DE CONSTRUCCIÓN DUNHA RAMPA DE ACCESO AO CENTRO DE SAÚDE DESDE A RÚA EIJO GARAY. NOS TRABALLOS, QUE REALIZA O CONCELLO, EMPRÉGASE TODO O MATERIAL QUE HABÍA NA ZONA.
O obxectivo desta rampa, que ten un ancho de 1,60 metros, “é mellorar a accesibilidade en toda esa zona. O centro de saúde rexistra a diario a visita de nais e pais con carritos dos seus bebés e tamén de persoas en cadeira de rodas ou con mobilidade reducida, de aí a importancia que ten a realización destes traballos. Ademáis deste xeito imos dando cumprimento pouco a pouco ao noso programa electoral”, sinalaron Fernández Valle e Diana Durán, concelleira de Servizos Sociais en Burela.
Os traballos de construcción da rampa de acceso ao centro de saúde concluirán a finais desta semana. Valle e Durán subliñan que terán un coste de cero euros. O equipo de goberno seguirá procedendo á eliminación doutras barreiras arquitectónicas na vila “para facerlles a vida máis fácil aos nosos veciños e veciñas”.