Site icon Crónica3.com A Mariña

O Concello de Cervo abre o prazo para apuntarse ás actividades do programa Enredos de verán

Dirixidas a nenos e nenas de entre 3 e 12 anos e desenvolveranse nos meses de xullo e agosto en Cervo, San Ciprián e as parroquias. O prazo para anotarse está aberto ata o 30 de xuño na Casa do Concello de Cervo ou na Casa da Cultura de San Ciprián é a inscrición é gratuíta. O único requisito é que os cativos estean censados no municipio de Cervo. Enredos de verán ofrece actividades de xogos e práctica deportiva, talleres para a aprendizaxe e a elaboración de distintos obxectos, obradoiros de reciclaxe, cociña, elaboración de instrumentos musicais, decoración de camisetas, actividades relacionadas coa Festa da Maruxaina e da Queimada ou co medio ambiente, así como fútbol, voleibol, tenis, atletismo, hockey, balonmán ou ximnasia entre outras moitas que conforman a oferta completa.

Exit mobile version