2011-2012 das Escolas Deportivas Municipais. Durante toda a mañá as familias
disfrutaron das exhibicións deportivas dos nenos e nenas, que prepararon
durante o curso. Posteriormente, o Alcalde, Javier Jorge Castiñeira, e a
concelleira de Deportes, Mercedes González Alonso, entregaron as medallas
aos/ás participantes nestas exhibicións, así como ás nenas e nenos de
teatro, que realizaran xa a súa representación días atrás.
Despois do esforzo realizado durante o curso, hoxe puideron amosar as súas
aprendizaxes, onde os nervios se foron calmando ao comezar as coreografías.
O Alcalde quixo destacar o esforzo e traballo de todos os nenas e nenas, así
como dos/as monitores/as, que fixeron que houbera un gran ambiente ao longo
do curso.
As familias e os/as nenos/as disfrutaron despois dun pequeno aperitivo e
tiveron xogos en inchables ata chegar a tarde.