
As concelleiras de Igualdade e Servizos Sociais, Mariluz Álvarez Lastra e Teresa González Piñeiroa, entregaron unha placa conmemorativa a unha veciña da vila que acaba de cumprir 100 anos, arroupada pola súa familia. As edís felicitárona en nome da Corporación Municipal e de todos os ribadenses.