NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO CONCELLO ATÓPASE EXPOSTO AO PÚBLICO O CALENDARIO DE LEVANTAMENTO DE ACTAS PREVIAS Á OCUPACIÓN DOS PREDIOS AFECTADOS POLA LIÑA DE ALTA TENSIÓN Á SUBESTACIÓN DE FOLGOSA.
Ribadeo, 11 de xuño de 2012. No taboleiro de anuncios do Concello de Ribadeo atópase o calendario de levantamento de actas previas á ocupación dos predios afectados polo proxecto da liña de alta tensión 132kv á subestación de Folgosa. Será os días 2, 3, 4, 5, 6, 9 e 10 de xullo na Casa do Concello a partires das 10 da mañá.
Desde a xefatura territorial da Consellería de Economía e Industria en Lugo estableceron un prazo de 8 días para a exposición pública da relación de bens e dereitos afectados pola execución do proxecto. Dita xefatura facía pública unha resolución o pasado 30 de maio pola que se anuncia o levantamento de actas previas á ocupación para a instalación da liña de alta tensión á subestación de Folgosa. Nesa resolución sinálase que a Dirección Xeral de Industria, Enerxía e Minas declaraba a utilidade píublica e aprobaba o proxecto de execución da devantida infraestructura que afecta aos concellos de Trabada e Ribadeo.
Esa declaración de utilidade pública implica a necesidade de ocupación dos bens de adquisición dos dereitos afectados e a súa urxente ocupación aos efectos do artigo 52 da lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954. Por iste motivo a xefatura territorial de Economía e Industria resolveu convocar a todos os afectados cos que non chegou a acordo para que comparezan no Concello de Ribadeo nas datas sinaladas. Desta convocatoria xa se deu traslado aos interesados a través de citacións individuais nas que se sinala día e hora para o levantamento das actas previas. Os afectados poderán formular alegacións por escrito na xefatura territorial de Economía e Industria ata o momento do levantamento das actas previas, para os únicos efectos de corrixir os posibles erros cometidos na relación de bens e dereitos afectados.