Site icon Crónica3.com A Mariña

O concello de Xove acolle unha pequena parte de Etiopía mediante unha exposición fotográfica ata o 14 de xuño

Desde onte e ata o 14 de xuño teremos na Mariña Lucense, no Concello de
Xove, unha pequena parte de Etiopía mediante unha exposición fotográfica
realizada e organizada por ABAY ONGD ( Asociación para o desenvolvemento de
Etiopía).
Pódese visitar na sala de exposicións do Centro Cí­vico calquer dí­a da
semana de 18:00 a 21:00 horas.
A Exposición Etiopí­a Sin Fin é unha mostra fotográfica e itinerante de
carácter documental, que foi realizada por ABAY coa finalidade de difundir a
beleza e o atractivo de Etiopí­a, pero tamén a súa realidade e os seus
problemas.
O obxetivo da exposición é sensibilizar a través das miradas e dos
sentimentos que transmiten os retratados, e facer sentir as paisaxes ou as
escenas que se reflicten. Ao mesmo tempo, aprovéitase para dar a coñecer o
terreo onde se realizan os proxectos de cooperación de ABAY
(www.abayetiopia.org).
As máis de 40 fotografí­as que compoñen esta exposición foron
seleccionadas dunha forma coidadosa por fotógrafos colaboradores de ABAY
ONGD. Os seus autores son profesionais da fotografía como Ais Fotógrafos,
Antonio S. Chamorro, Fernando Medrano ou Jaime Mota, tristemente falecido fai
pouco. Pero tamén se inclúen algunhas aportacións de fotógrafos amateurs
como Francisco Carrión, Teresa Ravina, Anunci Marazuela, Iñaki Astudillo,
Cristina Senserrich, Ingrid Solé Vivancos ou Carlos J. Martí­nez.

Exit mobile version