Site icon Crónica3.com A Mariña

O ED EON Burela FS Infantil conseguiu o campionato do Torneo de Sarria

O INFANTIL LARANXA, CAMPIÓN DO TORNEO DE SARRIA

O ED EON Burela FS Infantil triunfou colectiva e individualmente esta fin de semana no VII Torneo Os Meigallos de Sarria. Ademais de proclamarse campión, recibiu o galardón de máximo goleador na figura de Álex García, que tamén foi recoñecido como o mellor xogador da competición xunto a outro burelista, Mamadou Diouf.

O conxunto laranxa, que adestra Carlos Méndez, conseguiu o pase á final tras impoñerse a Mare Nostrum FS (4-3) e ao anfitrión (1-7) e empatar co EDM Quiroga (3-3). Foi precisamente con este último rival co que se viu na cita definitiva (6-1).

Outros resultados da fin de semana:

Copa Autonómica Cadete

Vigo 2015 FS 6-0 Burela FS

Clausura da Liga Prebenxamín da Mariña

AD Santiago de Foz 1-6 ED EON Burela FS B

ED EON Burela FS B 4-3 ACD Xove

ED EON Burlea FS B 4-2AD Praia de Covas

AD Santiago de Foz 3-0 ED EON Burela FS A

ED EON Burela FS A 5-1 ED Mondoñedo

Celeiro Flanagan’s FS 0-1 ED EON Burela FS A

ED EON Burela FS A 0-5 Praia de Covas

ED EON Burela FS A 1-3 ACD Xove

Exit mobile version