Site icon Crónica3.com A Mariña

O BNG de Barreiros informou aos veciños sobre os recortes do goberno estatal

Na charla sobre recortes celebrada onte en Barreiros, organizada polo BNG, participaron Montse Porteiro e Carlos Fraga, ats e médico, respectivamente. A primeira falou das características que debería tera sanidade pública e de cómo os recortes lle afectan a esta sanidade. Porteiro centróuse no Hospital da Costa e explicou as últimas medidas adoptadas a respecto de servizos que se prestan neste centro: a colcha das camas mudaráse unha vez á semana, a sábana de arriba pásase para abaixo e cámbiase a de abaixo, as toallas só se cambian cando sexa estrictamente necesario e retiraráselle o kit de zapatillas, peite e cepillo de dentes ás persoas sen recursos. Pola súa banda, Carlos Fraga calificou os recortes de “cortes” xa que -explicou- a sanidade non é cara. Na mesa sobre os recortes sociais e sanitarios estivo a voceira do BNG en Barreiros, Ana Emida.

Exit mobile version