Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP afirma que o PSOE recoñece que preto do 40% da executiva provincial socialista está a soldo da Deputación

O PSOE recoñece que preto do 40% da executiva provincial socialista está a soldo da Deputación de Lugo

Gómez Besteiro mostra, novamente, que utiliza o ente provincial para a súa proxección política

Lugo, a 11 de xuño de 2012.- O secretario de Organización do PSOE, Juan Carlos González Santín viuse na obriga de recoñecer, nas declaracións efectuadas no día de onte, que preto do 40% da nova executiva provincial socialista esta a soldo da Deputación de Lugo

O número 2 do PSOE provincial corroborou, deste xeito a denuncia efectuada polo PP, que consideraba “unha vergoña para calquera grupo político e un escándalo” que cada ano os lucenses teñan que ver como se destinan 400.000 euros de fondos públicos procedentes dos orzamentos da Deputación só para pagar “aos comisarios políticos do PSOE”.

“Falamos dunha soa administración ao servizo do PSOE, ao que teríamos que engadir o custe que tamén supón o persoal a soldo da outra parte do goberno, a nacionalista”. Dato que lembran os populares significando que o custe final dos asesores do conxunto do Goberno bipartito é aínda moito maior.

GONZALEZ SANTÍN MINTE

Os populares tamén queixaron deixar claro que o González Santín, na súa resposta ante a denuncia do PP, “minte rotundamente aos cidadáns”. De feito, a diferenza do que acontece no caso do PSOE “ningunha das tres asesoras do Grupo provincial Popular pertencen a Executiva popular”, mentres que no caso do PSOE 10 dos 26 membros da súa Executiva provincial si estarían a percibir o seu soldo con cargo á Deputación Lucense”.

Os populares sinalan tamén que mentres que o PP, forza política máis votada da provincia e que supera en número de sufraxios a BNG e PSOE xuntos, ten tres asesoras para apoiar aos 12 deputados provinciais, o bipartito, con 13 deputados, multiplica por sete o número de asesores a cargo da Deputación e o gasto correspondente.

“Gómez Besteiro delátase cada día máis, xa que o seu afán por utilizar a Deputación para a súa proxección política é cada día máis evidente e notorio”-conclúen desde o PP- e segundo indican a “Besteiro non lle importan os lucenses, o único que lle interesa é a utilización partidista da Deputación. Eso é o que criticamos”.

Exit mobile version