Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP asegura que o BNG oponse a que traballadores do mar galegos embarcados en alta mar poidan exercer o seu dereito ao voto

Jose Manuel Balseiro di que os nacionalistas deixan en evidencia ao seu voceiro de Pesca, Bieito Lobeira, que en múltiples ocasións tiña defendido esta mesma proposta

O GRUPO POPULAR LAMENTA QUE O BNG SE OPOÑA A QUE OS TRABALLADORES DO MAR GALEGOS EMBARCADOS EN ALTA MAR POIDAN EXERCER O SEU DEREITO AO VOTO

 Populares e socialistas consensuaron no último Pleno un acordo parlamentario no que se lle insta ao Estado a que estableza as condicións que fagan posible o voto electrónico e habilitar buques mercantes e de pesca, de altura e gran altura, de bandeira española, como colexios electorais para os que se atopen en alta mar.

Santiago 30 de xuño de 2012.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro lamentou que o BNG se opuxera no pasado pleno do Parlamento a que os traballadores do mar galegos embarcados en alta mar poidan exercer o seu dereito constitucional ao voto.

Populares e socialistas consensuaron un acordo parlamentario polo no que se lle instaba ao Goberno do Estado a que modifique a lei electoral vixente e estableza as condicións que fagan posible o voto electrónico dos mariñeiros ausentes do seu domicilio habitual por atoparse en alta mar e para que habiliten buques mercantes e de pesca, de altura e gran altura, de bandeira española, que puideran funcionar como colexios electorais no que exercer o seu voto.

A posición contraria a este acordo dos nacionalistas deixa en ridículo e evidencia ao seu voceiro de Pesca, Bieito Lobeira, que en múltiples ocasións tiña defendido esta mesma proposta, á vez que demostra a falta de coherencia e irresponsabilidade dunha formación política –o BNG- que é capaz de defender unha cousa e votar a súa contraria ao mesmo tempo.

Cando se cumpre pouco máis dun ano das últimas eleccións municipais se calcula que aproximadamente entre 10.000 e 15.000 tripulantes galegos da flota de altura e gran altura non puideron exercer o seu dereito ao voto, a pesar de que existen métodos tecnolóxicos que propician o exercicio dese dereito –como é voto electrónico- que países nórdicos como Suecia que xa aplican.

Curiosamente a última reforma de lei electoral do 2008 garante o sufraxio a todos os cidadáns españois que se encontren no estranxeiro de forma temporal xa sexa mariñeiros, estudantes noutros países ou militares e membros das Forzas de Seguridade en misións no exterior.

IMPRESCINDIBLE UNHA ESCALA

A diferenza dos mariñeiros, os militares españois que votan dende un país estranxeiro, poden facelo a través do seu xefe de unidade e o Ministerio de Defensa, que se encarga de poñer en coñecemento as súas peticións nas correspondentes delegacións provinciais do censo electoral.

Pola súa parte, os mariñeiros que se encontren en alta mar a bordo dos buques da Armada, só poden aproveitar unha escala da travesía para poder remitir por correo certificado e urxente o seu voto á súa mesa electoral

Exit mobile version