Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP calificou de incoherencia o feito de que o goberno da deputación non apoiase unha moción

O GPP afirma que a actitude do Bipartito na Deputación mostra que priman os intereses do seu pacto e non os dos lucenses

. O PP calificou de incoherencia e contradicción o feito de que o Equipo de Goberno votase en contra da moción popular, relativa a Residencia de Sarria, cando os seus homólogos de Goberno neste Concello, votaron no pleno municipal, a favor

. Os populares mostráronse sorprendidos e indignados pola falta de seriedade no tratamento á moción onde se pedía a dimisión do Presidente e Vicepresidente da Deputación de Lugo polas incoherencias e irresponsabilidades dadas no tocante á publicidade emitida en varios xornais

. Criticou o GPP a deslealtade por parte da Deputación fronte ao Ministerio de Fomento con só seis meses de Goberno e pediulle ao Goberno Bipartito que deixe traballar a titular deste Departamento, Ana Pastor

Lugo, 26 de xuño de 2012.- Os intereses partidistas son o que priman na actual Deputación de Lugo. Así o afirmaron os populares logo da actitude mostrada polos socialistas e nacionalistas na sesión plenaria de hoxe.

Din os Populares que BNG e PSOE reforzan en cada sesión plenaria a idea de que os seus intereses non son os lucenses senón sacar tallada política de cada debate que abren.

O Grupo Provincial Popular mostrouse sorprendido e indignado pola falta de seriedade no tratamento á moción onde se pedía a dimisión do Presidente e Vicepresidente da Deputación de Lugo polas incoherencias e irresponsabilidades dadas no tocante á publicidade emitida en varios xornais. A aparición dun anuncio publicitario en tres xornais fai unhas semanas, que levaba como anunciante a Deputación de Lugo fixo que os populares pedisen a dimisión do Vicepresidente da Deputación, Antonio Veiga, por esta actuación e do Presidente do Ente Provincial por encubrir a barbariedade. A actitude mostrada por ámbolos dous foi tan pouco seria, ata o punto de que o Señor Besteiro, non escoitou a exposición de motivos da moción e abandonou o pleno mentras a Voceira dos Populares levaba a cabo a súa lectura. A pesar de que non pediron desculpas aos cidadáns, que non aceptaron proposta pero recoñeceran que fora un erro

Afirman os populares que non se explica que non se chegase a un acordo semellante ao que se acada noutras institucións con máis competencias no asunto de Novagaliciabanco. No que se refiere a este tema, o PP deixou moi claro que está a favor da reivindicación dos afectados das participacións preferentes; que está de acordo en que se cree unha comisión de investigación unha vez que se solucione a recapitalización de Novagaliciabanco e que está a favor de que se esixan aos dirixentes a indemnizacións millonarias. Os populares discreparon da idoneidade de que o banco público sexa a solución a tódolos males do sistema financieiro e lamentaron que o Goberno Bipartito da Deputación de Lugo non quixera retirar ese apartado da orde do día. Clarificou o PP que o seu partido continúa nesa liña de traballo e non quere confundir a cidadanía.

No tocante ao punto 7, sobre a proposta do Equipo de Goberno para instar ao Ministerio de Fomento e á Xunta de Galicia a cumprir os compromisos asumidos para mellorar a comunicación da provincia con Madrid por ferrocarril os populares non entenderon a deslealtade ao Departamento de Ana Pastor con só seis meses de goberno e esixiron un trato semellante a tódalas condescendencias que tiveron co anterior Ministro, José Blanco, a pesar de ser incumplidor en reiterados compromisos con infraestructuras. Dixeron os populares que o seu partido opta por traballar para lograr feitos e non se adica coma, os socialistas, a publicar a bombo e platillo datas e logo non levar a cabo os feitos, polo que pediron que se deixe traballar a actual Ministra, Ana Pastor.

O PP mostrouse sorprendido pola votación en contra por parte do Goberno da Deputación no tocante a moción popular relativa á colaboración do Organismo Provincial coa Residencia de Maiores de Sarria. “O Partido Socialista de Sarria votou a favor co goberno popular deste concello, e no pleno de hoxe votou en contra. Algo totalmente contradictorio”-manifestaron os populares, quen retomaron tamén as palabras do Señor Besteiro cando decía que un axuda económica por parte da Deputación para o mantemento desta infraestructura era un exemplo de boa xestión. “Outra contradicción máis e outra mostra por parte do Presidente da Deputación do seu afán de protagonismo, de pouca xestión, de pouco traballo e de promesas incumpridas”-afirmaron os populares.

No tocante a Proposta do Equipo de Goberno para instar a Xunta de Galicia a que teña en conta as alegacións presentadas ó acceso á variante por Magazos, o Grupo Popular, co máis absoluto respecto, posicionouse nesta Administración con respecto á variante de Magazos. Pediron os populares que sexan os técnicos os que determinen cal é o lugar idóneo, que revelen cal é o enlace que máis tráfico desconxestiona, cal é o que menos impacto ambiental cause e que económicamente e socialmente sexa o máis rendible para o Concello de Viveiro. O GPP retomou as verbas da Conselleria María Xosé Caride con respecto ao novo enlace na zona de Magazos.

Exit mobile version