Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP cuestiona que a Deputación destine unha partida para a historia do movemento obreiro e recompilación do Patrimonio documental social e sindical

O GPP denuncia que a Deputación de Lugo destinase 30.000 para unha Fundación creada a instancias dun sindicato

. Os populares cuestionan a idoneidade de invertir neste momento de crise, 5 millóns das antigas pesetas en recopilar Patrimonio documental sindical

. Os populares tamén critican o proceso de concesión da subvención vulnerando os principios de libre concurrencia e oportunidade

Lugo, 30 de junio de 2012.- O Grupo Provincial Popular denuncia que a Deputación de Lugo destinase 30.000 euros a unha Fundación, creada a instancias dun sindicato e con sede nunha localidade da provincia da Coruña, para a historia do movemento obreiro na provincia e recopilación do Patrimonio documental social e sindical.

“A primeira vista sorprendéunos esa contía económica, máis ainda na situación de crise na que vivimos. Pero logo de investigar, comprobamos que o Presidente de Honra é un socialista e Expresidente da Xunta de Galicia”- manifestou Candia, quen engadeu: “esta coincidencia non nos parece que sexa casualidade, denota sectarismo por parte da Deputación”.

O GPP afirma que hai Asociacións sen ánimo de lucro, vinculadas con fins sociais e proxectos de gran interese para Lugo que non acadan os 10.000 euros e aquí por proceso excepcional, conceden 30.000 euros- manifiesta Candia.

Os populares tamén criticaron o proceso polo que se veñen concedendo, ao igual que esta, as subvencións por parte da Deputación de Lugo

“Protesta que xa se fixo patente cando se aprobou, por parte da Deputación, o Plan Estratéxico de Subvencións onde se deixa ver que preto da metade das axudas, se iban a conceder por procesos excepcionais, sen dar oportunidade de libre concurrencia as entidades asociativas. Todo parece indicar que a obsesión por compensar favores políticos acaban convertindo en proceso ordinario e habitual, aquel que a lei obriga que sexa excepcional”- manifestou Candia.

Incluso é cuestionable a idoneidade de destiñar diñeiro, a marxe do destinatario e procedemento, que a recopilación de documentación sindical sexa unha prioridade para as Administracións neste momento, máximo cando se pon en dúbida colaborar en aspectos como servizos sociais.

Exit mobile version