Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Burela continúa coa campaña de explicar reformas do goberno central

O PP explica as reformas levadas a cabo por Rajoy mañán, xoves, en Burela.

 Contará coa presencia de José Manuel Barreiro e outros cargos institucionais e orgánicos dos populares.

 O PP burelés continuará o vindeiro luns a campaña explicativa barrio a barrio.

Burela, a 6 de xuño de 2012.- O PP celebrará mañán, xoves, ás nove da noite, no Salón de Actos da Casa do Mar de Burela, un acto para explicar con detalle os contidos e os motivos das reformas que está a levar a cabo o goberno que preside Mariano Rajoy, dentro da campaña www.laverdaddelasreformas.es, que o partido está levando a cabo por toda a provincia.

Este acto vai estar presidido por José Manuel Barreiro, presidente provincial e portavoz do PP no Senado, e a el tamén asistirá o alcalde de Burela, José María González Barcia, o secretario provincial do partido e parlamentario autonómico, José Manuel Balseiro, os membros do grupo municipal do PP burelés, así como diputados autonómicos e nacionais.

No transcurso do acto, que tén carácter público, os populares explicarán as reformas máis importantes levadas a cabo por Mariano Rajoy, na liña de proximidade e cercanía cos veciños que caracteriza a actuación política do PP.

De feito, o PP burelés, que fixo hai uns días unha campaña de distribución de material informativo no mercado local, continuará explicando as reformas que está a levar a cabo Rajoy a través de distintas reunións que se celebrarán en cinco barrios de Burela, sendo o primeiro deles o vindeiro luns, día once, ás oito e media da tarde, no Mesón do Poeta. Como se sabe, o PP de Burela fai habitualmente reunións con veciños para explicar cuestións referidas ó ámbito municipal e recoller suxerencias.

Segundo os populares de Burela, “se agora España non tivese a débeda que tén; se España non tivese o déficit que tén; se nestes últimos anos España tivese adoptado medidas rigurosas, seguramente non se estaría a falar da situación que estamos a vivir. Situación que tén responsables, acollidos baixo as siglas do PSOE e daqueles partidos que calaron ante o que o PSOE deixaba de facer. Polo tanto, agora hai que tomar medidas, aplicar reformas, e os socialistas non poden pretender que nin en seis meses nin nun ano se solucionan os problemas que eles xeneraron”

Exit mobile version