Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Mondoñedo recorda que se o concello non ten grumires é porque o alcalde non se acolleu a contratación anticipada

Os populares consideran que esta actitude do nacionalista demostra a pouca preocupación do alcalde por garantir unha mellora na seguridade local

O Partido Popular recorda que se o concello non ten grumires é porque Orlando González non se acolleu a contratación anticipada destes efectivos

 A xestión do bipartito provoca a desatención dos servizos urxentes do Concello durante o tempo que dure o trámite administrativo para a concesión dos efectivos, que se pode prolongar ata uns tres meses

 O PP local acusa ao goberno do BNG e do PSOE de esquecer as responsabilidades do executivo e considera “inadmisible” que un rexedor local non se acolla a todas as vantaxes enmarcadas dentro das subvencións ofertadas pola Xunta para a promoción activa de emprego

Mondoñedo, 20 de xuño de 2012- O Partido Popular de Mondoñedo denuncia a xestión irresponsable de Orlando González ao fronte do goberno local. Os populares censuran que a desatención das funcións do nacionalista como rexedor local priven aos mindonienses de incentivos para o fomento do emprego e a procura da seguridade cidadá. Nesta ocasión, o alcalde mindoniense castiga aos veciños sen a posibilidade de acollerse á modalidade de contratación urxente dos Grupos Municipais de Intervención Rápida (Grumir),.

A solicitude desta modalidade daría opción a o adianto en ata tres meses do contrato de doce persoas nunha localidade, como é Mondoñedo, fortemente castigada pola situación económica que vive o país. Mentres outras administracións aproban a discriminación positiva para a comarca e traballan na elaboración dun plan de fomento de emprego, os populares informan que Orlando González retrasa a contratación deste persoal. O Grupo do PP local cualifica de “inadmisible” que un rexedor local non se acolla a todas as vantaxes que posibilita a Xunta dentro dos programas de cooperación, promovidos a través da Consellería de Traballo e Benestar, e dirixidos a incrementar a empregabilidade.

O DOG recolle o 12 de marzo as bases que regulan as axudas a subvencións para o fomento de emprego a través de programas de cooperación no ámbito de colaboración con entidades locais e a súa convocatoria para o exercicio 2012. En concreto o artigo 13, regula a contratación anticipada na que se explícita, que unha vez presentada a solicitude, cada entidade local deberá indicar expresamente no expediente a intención de acollerse a modalidade de contratación anticipada dos concellos, co obxecto de poder iniciar proxectos urxentes, que permitirán contratar un máximo de dous traballadores desempregados, excepto no caso dos Grumir, no que se contratarán ata doce integrantes.

Os populares de Mondoñedo non se explican que Orlando González desatenda a súa responsabilidade e non só castigue sen posibles postos de traballo aos veciños, senón que tamén, a súa actitude, provoca a desatención dos servizos urxentes do Concello durante o trámite administrativo que permite a contratación destes efectivos de xeito anticipado.

O grupo municipal do Partido Popular pregúntalle a Orlando González polo feito que motivou o rexeitamento do goberno local a acollerse á contratación anticipada dos Grumir. O PP tacha de falta de moralidade a actitude do BNG e do PSOE. Os populares explican que o bipartito repetidamente manifesta a necesidade do fomento de emprego no Concello e demanda a colaboración doutras institucións. Con todo, a hora da verdade, esquécense de cumprir cos seus cometidos e desaproveitan posibilidades de creación de postos de traballo. Os populares rexeitan que un equipo de goberno non se olvide de percibir o seu soldo pero si de anticipar contratacións dos veciños.

A elaboración dun plan de emerxencias é unha das demandas dos populares na localidade dado o mal estado no que se atopa o material e a falta de mantemento e descoñecemento dos recursos que permiten unha reacción rápida en caso de sinistro reducindo así as consecuencias negativas. Dada esta situación, os populares consideran máis rexeitable a falta de preocupación do rexedor local por garantir a seguridade no municipio

Exit mobile version