Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP de Ribadeo explica que o primeiro que ten que dar exemplo en temas de Medio Ambiente é o Concello

Ante as recentes declaracións do Concelleiro de medio ambiente na que lles pedía aos veciños para que se esforzasen no coidado en mantemento das fachadas das súas vivendas, dende o GM do PP querémoslle recordar que o primeiro que ten que dar exemplo é o Concello, sendo o primeiro obrigado en velar polo mantemento e limpeza do noso pobo así como pola conservación dos inmobles titularidade Municipal.

Dende o GM do PP denunciamos que mentres polo equipo de goberno se lle está a esixir aos veciños un maior esforzo e dilixencia nas labores de conservación e mantemento dos seus inmobles, contrariamente dende a Institución Municipal existe unha total deixadez das súas obrigas no que aos ben municipais se refire.

Así é de denunciar o lamentable estado externo que presenta a Casa Consistorial con as ventás e as persianas rotas, esconchados das paredes, as bandeiras que ondean na fachada sucias e rotas…. Dende o GM do PP esixímoslle o Alcalde e o seu equipo de goberno que amosen un maior interés na conservación e coidado deste edificio emblemático que, non só polo feito de ser a Casa do Concello senón que tamén pola súa historia, como o Pazo do Marqués de Sargadelos, constitúe un dos primeiros puntos de referencia turística para as xentes que nos visitan.

Pero este incumprimento das súas obrigas por parte do Concello de manter o pobo en bo estado de conservación e ornato e visible ao longo de moitos outros espazos públicos do noso pobo.

A falta de limpeza e conservación no que se atopan algunhas das nosas rúas tras as noites de vernes e sábado é sofrida directamente polos veciños e viandantes, sendo case imposible andar por elas sen atoparse con restos de latas, botellas, vasos… rúas que nin son baldeadas nin fregadas pola mañá, nin sometidas a unha limpeza a fondo, co que a suciedade é evidente causando un grande malestar aos veciños. Tamén é de denunciar a impasibidade co que o Concello esta a tratar o feito de que se poñan carteis publicitarios en calquera fachada e ao marxe dos lugares destinados aos espazos publicitarios, así como a falta de adopción de medidas para borrar as pintadas e os graffitis que locen, incluso, en algún dos edificios emblemáticos do Concello como é a Capela da Orden Terceira, actuacións tipificadas expresamente como infraccións graves na ordenanza municipal de protección medioambiental e non obstante o cal o Concello non realiza actuación algunha fronte aos infractores.

Evidente é tamén o abandono que amosan as árbores prantadas nas rúas peonís do Concello nos pés das cales crece a maleza e acumulasen restos de sucidade e escombros; así mesmo mostra de deixadez e abandono é a situación na que se atopa a praza do Cantón e as rúa peonil aledaña o pavimento das cales esta cuberto con restos de chicles, basoiras…, o que engadido ao aspecto externo das obras que se están a levar a cabo na Torre dos Moreno dan ao conxunto unha imaxe de total abandono…

Sendo todos istos só algúns dos moitos exemplos do estado de deixadez e de abandono no que se atopa o casco urbano de Ribadeo dende o GM do PP lle pedimos ao Alcalde e ao seu equipo de Goberno que antes de esixirlles aos veciños que sexan elos quenes predique co exemplo e empecen elos por ter a casa de todos os veciños de Ribadeo limpa e en bo estado de conservación, máxime nestas datas nas que a proximidade do verán atraerá ao noso Concello a centos de xentes doutros lares e unha das imáxenes que van levar de Ribadeo é precisamente a do seu estado de limpeza e conservación.

Exit mobile version