Desde o Grupo Municipal do Partido Popular queremos amosar as nosas condolencias á familia do excompañeiro de corporación GILBERTO SUÁREZ MÉNDEZ.
Militante convencido do PSOE, defensor a ultranza das súas ideas, sempre mantivo unha actitude positiva e constructiva buscando, desde a súa óptica, o mellor para os ribadenses.
Os que tivemos a honra de compartir con el acta de concelleiro na corporación ribadense, estamos convencidos de que desde o lugar no que se atope a partires de agora, seguirá velando polo seu querido pobo, RIBADEO.
Quixéramos facer extensible a toda a familia socialista de Ribadeo o noso pesar pola perda de Gilberto.
Descanse en paz.