Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP lamenta que a deixadez do equipo de goberno prive a Viveiro do Festival da Canción do Landro 2012

O PP de Viveiro lamenta que a deixadez do equipo de goberno prive a Viveiro do Festival da Canción do Landro 2012.

Unha vez máis, a indolencia, a pasividade e a inoperancia mais absoluta, deixan a Viveiro sin un dos seus “ sinais de identidade ” ( frase moi repetida polo Alcalde, pero que en realidade non se corresponde co que logo fai para manter eses sinais que identifican o noso pobo) como é o Festival da Canción do Landro, en concreto a súa vixésimo primeira edición.

Por segunda vez na historia do Festival ( a 1ª foi no 1969 e retomouse no 1995 ), este suspéndese pola neglixencia municipal e porque nesta ocasión, ós socios de goberno do Sr. Melchor o BNG ( lembremos é quen leva a Concellería de Cultura)non lles gusta ou interesa para nada este Festival da Canción do Landro.

Pasamos de ter un Festival dunha enorme trascendencia e repercusión para Viveiro, co que vender a marca Viveiro en toda España e no resto de mundo, gracias a cobertura que lle daba a TVG no canle internacional ( quen por certo nestes últimos anos xa non viña a Viveiro ), a quedarnos sin el.

A importancia que a TVG lle daba era moita, asi a propia televisión custeaba a orquesta, a luz, o sonido, o escenario, o decorador e inclusive o artista invitado. Non cabe dúbida que si o facía, era porque a inciativa era mais que boa e porque a súa audiencia asi llo demandaba.

Das poucas condicións que puxeron, era a de garantizar que se puidese emitir en directo e con público, de ahí o seu traslado puntual ó pavillón de deportes, para evitar que a choiva puidese suspendelo, como aconteceu por exemplo no ano 2003, que se suspendeu e voltouse a celebrar uns días máis tarde.

Nese mesmo ano 2003, no que toma posesión da Alcadía o goberno bipartito PSOE-BNG, o sr Rafael Fernández Amor ( responsable da Concellería de Facenda ) declara nun xornal o 28 de xuño de 2003 que o festival “en si daba superávit”, polo tanto a pregunta é inevitable, que pasou a partires daquela data, para que deixara de dalo?. A resposta parece evidente, e non é outra que a mala xestión.

Mais recientemente, concretamente o 20 de maio de 2012, aparecía nos medios unhas declaracións do Sr. Alcalde decindo que o Festival da Canción do Landro non se convocara en tempo e forma. Ó grupo do Partido Popular, ó igual que a moitos vecinos e veciñas de Viverio, gustarianos saber por que non se convocou en tempo e forma?, cales foron os verdadeiros motivos polos que non se fixo?.

A información que manexa o noso grupo pode dar pistas de por que non se fai este ano ( e xa veremos si nos sucesivos ):

Parece ser que algúns dos membros da orquesta do ano pasado ainda non cobraron, asi como que tampouco foron avisados, proba inequívoca de que non se pensaba convocar este ano (máxime cando dun ano para outro os propios músicos xa reservan esas datas contando con vir a Viveiro).

Dice o Alcalde que Viveiro aforra 60.000 euros; ata ahí poderiamos estar dacordo, si hai que recortar, que se recorte. O que xa non entendemos e como para o Resurrection Fest hai 80.000 euros, máis o apoio loxístico e de persoal do Concello ( e todo o esforzo que faga falla, en palabras do propio Alcalde), ou para o Mercado Renacentista 17.700 euros ( datos correspondientes a aprobación de facturas pola xunta de goberno local o 24-11-11) e para este festival nin un euro, posto que non foi nin convocado. En émbolos dous casos os asistentes teñen que pagar a entrada ou o aluguer dos traxes de época.

Si non é problema de cartos, ben puidera ser que os socios do Sr. Alcalde, ó BNG non lles guste este festival, e asi coa connivencia do Sr. Alcalde aproveiten para eliminalo, non dándose conta que non se representan a si mesmos, senón a todos os vecinos e veciñas de Viveiro que a bo seguro votaran en falta este Festival. Tanto promocionar o Consorcio de Turismo (iniciativa moi loable) e as primeiras de cambio carganse este punto de encontro musical, que tan ben nos viña para proxectar a imaxe de Viveiro, en Galicia, en España e mesmo como xa

mencionamos no canle internacional da TVG.

Para rematar e conocendo o gusto que ten o Sr. Alcalde por retrotraerse a épocas anteriores, lembrar que no ano 2003, o Festival con todo xa preparado, suspendeuse temporalmente para facer efectivo o traspaso de poderes e ante a imposibilidade de poñerse en contacto con el (despois de varios intentos) foi polo que se optou por esta medida de suspensión temporal.

Dende o grupo do PP de Viveiro desexariamos saber as verdadeiras razóns polo que este festival da Canción do Landro 2012 non foi convocado, ainda que moito nos tememos que unha vez mais, nós e os veciños e veciñas de Viveiro ímonos quedar coas ganas.

Exit mobile version