Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP denuncia que Mondoñedo estea a vivir unha ditadura imposta polo goberno local en materia de tráfico

O Partido Popular local denuncia que Mondoñedo estea a vivir unha ditadura imposta pola bipartito en materia de tráfico

 Os populares explican que Orlando González rexeita calquera ofrecemento de traballo e colaboración do seu grupo en materia de tráfico

 O grupo popular critica a intención do bipartito de peatonalizar o casco urbano de Mondoñedo sen ofrecer alternativas ao estacionamento

 O PP local acusa ao bipartito de pouco traballador, de desinformación e de falta de compromiso cos mindonienses

Mondoñedo, 15 de xuño de 2012- Trala sesión plenaria celebrada onte en Mondoñedo, o Partido Popular de Mondoñedo considera que a actitude do goberno do PSOE e do BNG conleva que a localidade sufra unha ditadura en materia de tráfico. O grupo municipal do PP critica que a intención do bipartito sexa a de peatonalizar todo a caso urbano na localidade, sen ofrecer alternativas de estacionamento, desoíndo as demandas dos veciños e negocios asentados na localidade e rexeitando calquera proposta de colaboración e de traballado ofrecida polo grupo popular.

Ante esta actitude autoritaria do goberno bipartito liderado por Orlando González, o Partido Popular lamenta os trastornos ocasionados aos veciños e manifesta a súa pretensión de continuar traballando para que o bipartito rectifiquen unha decisión que repercute negativamente na vida dos mindonienses e na economía dos negocios da zona.

Os populares recordan que unha vez máis a actitude amosada polo bipartito na sesión plenaria pon de manifesto que a xestión de goberno do BNG e do PSOE denegra a imaxe de Mondoñedo e dificulta a residencia na localidade. As novas subidas de taxas, en algún caso, segundo denuncian os populares, sen criterio equitativo de reparto da carga impositiva, provocan que dende que Orlando González é alcalde, vivir en Mondoñedo sexa máis caro e máis incómodo.

O PP local levou a debate plenario unha iniciativa na que solicitaba a implicación da Deputación en materia de servizos sociais e cumprise así o organismo provincial co seu deber regulado por lei. O PP manifesta a súa sorpresa pola desinformación do bipartito local nesta área e critica ao mesmo tempo o despedimento dunha das traballadoras en base á falta de financiamento cando a xulgar pola informacion vertida nos medios polo vicepresidente da Deputación provincial de lugo, asi como a xunta de goberno do mesmo organo, esta subvención está garantido por decreto. O PP tivo coñecemento do despedimento da traballadora municipal pola entrega das resolucións da alcaldía.

Ante a actitude vertida polo goberno municipal durante o pleno, o PP local considera que o “pouco traballo, a desinformación e a falta de compromiso dos mindonienses é a forma de xestión que mellor define ao bipartito mindoniense”. Para o populares resulta sorprendente que Orlando González se preocupe por acadar unha subvención nominativa excepcional para contratar un novo contable e descoñezan que a Deputación acaba de facer unha modificación de orzamento para facerlle fronte ao compromiso marcado polo novo decreto que regula o financiamento dos servizos sociais.

O PP local tamén critica o voto en contra do BNG e do PSOE en relación as alegacións presentadas polo Partido Popular na Ordenanza da Inspección Técnica de Edificacións. Os Populares solicitaban que o custo das inspeccións se articulasen de xeito máis economico para os mindonienses tamén que a administración local elaborase un Padrón de Edificios suxeitos a inspección para facilitar así o cumprimento do deber de conservación.

Exit mobile version