Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP descontento pola visita do presidente da Deputación a Alcoa pide que explique as xestións

Tra-las declaracións verquidas polo Presidente da Deputación de Lugo sobre a empresa ALCOA

O Grupo Provincial Popular dille a Besteiro que se necesita menos protagonismo mediático e máis xestión

 Pídelle que explique que xestións que levou a cabo diante do Ministerio de Industria en cumprimento do mandato acordado por unanimidade no Pleno provincial, onde compre lembrar, aprobouse unha moción a proposta do Grupo Popular

 O Señor Besteiro ven agora preocupándose por ALCOA cando no seu momento tivo a oportunidade de velar pola empresa e deixou que os seus homólogos en Madrid incurrisen nun alto déficit tarifario

 Os populares trasladan total tranquilidade dada a preocupación e a xestión que ten iniciada o Presidente da Xunta para solucionar este problema

Lugo, 20-6-2012- O Grupo Provincial do Partido Popular dille a Jose Ramón Gómez Besteiro que se necesita menos protagonismo mediático e máis xestión a favor da continuidade de Alcoa.

A voceira dos populares na Deputación de Lugo, Elena Candia, lémbralle ao Señor Besteiro que na sesión plenaria do pasado mes de abril chegouse, por unanimidade, a un acordo que obriga a traballar e xestionar ao Presidente da Deputación.

Sen dúbida e enlazando cunhas declaracións que fixo o Señor Besteiro nos pasados días sobre a oportunidade dunha declaración institucional, Candia afirma que este acordo plenario fai innecesaria

outra declaración e obriga a traballar dunha maneira distinta por parte do Presidente da Deputación.

Di a Voceira dos populares que chegado este momento, e cando hai un acordo unánime por parte de tódalas forzas políticas, o que tiña que facer o Señor Besteiro é dar conta ao Presidente do Comité da multinacional ALCOA, das xestións que fixera despois dese acordo plenario, expoñerlle o traballo realizado e os resultados acadados se fose o caso.

Sorpréndelle aos populares que meses despois que se chegue a ese acordo, salga o Señor Besteiro decindo que o que vai facer é unha declaración institucional obviando ese traballo previo que tiña que haber feito.

Afirma Elena Candia que o Señor Besteiro ven agora preocupándose por ALCOA cando no seu momento tivo a oportunidade de velar pola empresa e deixou que os seus homólogos en Madrid incurrisen nun alto déficit tarifario. Insta a voceira dos populares ao Presidente da Deputación a que se deixe de menos ansia de protagonismo e máis xestión.

Exit mobile version