Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP di que os alcaldes de Riotorto, A Pontenova, A Pastoriza e Pol deben dirixir as súas críticas e esixencias á Deputación

A Deputación de Lugo que por lei veuse obrigada a consignar o orzamento para o mantemento deste servizo ten o imperativo legal de achegar, sen máis demora, estes recursos económicos aos concellos de menos de 20 habitantes

Balseiro pide aos alcaldes de Riotorto, A Pontenova, A Pastoriza e Pol que dirixan as súas críticas e esixencias á Deputación que ten a obriga legal de financiar o servizo de axuda no fogar para non dependentes

? A Lei de servizos sociais aprobada na anterior lexislatura en exclusiva cos votos favorables do PSOE e do BNG e o decreto que con posterioridade a desenvolve establece que Xunta e Deputación de Lugo teñen que colaborar no financiamento do servizo de axuda no fogar municipal: a administración autonómica asumindo o custe das persoas maiores dependentes e o ente provincial dos non dependentes.

Sábado, 2 de xuño 2012.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo, Jose Manuel Baleiro lembrou aos alcaldes dos concellos de Riotorto, A Pontenova, A Pastoriza e Pol que a Lei de Servizos Sociais que establece a distribución de competencias entre as distintas administracións para o financiamento dos servizos municipais de axuda no fogar foi aprobada cos votos favorables do PSOE e do BNG e a abstención do PP durante a anterior lexislatura do bipartito.

En consecuencia os dirixente popular consideran que resulta “absurdo” que alcaldes que pertencen ás formacións políticas que aprobaron esa lei saían agora criticando a súa aplicación e non o fixeran entón, no momento no que foi aprobada. Ao mesmo tempo que lles insta a que -conforme o establecido na normativa vixente- “reorienten as súas críticas e esixencias” fronte á Deputación de Lugo para que cumpra coa súa obriga legal e achegue sen máis demora as cantidades económicas que lles corresponde para o financiamento do servizo básico de axuda no fogar nos concellos de menos de 20 mil habitantes.

LEI DO BIPARTITO

A Lei de Servizos sociais e o decreto que con posterioridade a desenvolve, e que entrou en vigor na presente anualidade, establece que a Xunta e a Deputación de Lugo teñen a obriga de colaborar no financiamento dos servizos de axuda no fogar municipal: a administración autonómica asumindo o custe das persoas maiores dependentes en todos os concellos galegos e o ente provincial a das persoas maiores non dependentes naqueles municipios con menos de 20 mil habitantes.

IMPERATIVO LEGAL

Jose Manuel Balseiro lembra que a Deputación de Lugo que por lei veuse obrigada a consignar o orzamento para o mantemento deste servizo ten o imperativo legal de achegar este recurso aos concellos sen mais demora.

Exit mobile version