Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP di que Sanidade está elaborando un novo plan funcional do Hospital de Costa

O Goberno galego do Partido Popular dá os primeiros pasos para a ampliación do centro hospitalario mariñán que o pasado ano cumpriu o seu 25 aniversario de funcionamento

SANIDADE CONFIRMA A BALSEIRO QUE ESTÁ ELABORANDO UN NOVO PLAN FUNCIONAL DO HOSPITAL DA COSTA QUE SERÁ PRESENTADO ANTES DE QUE REMATE ESTE ANO

 Logo da presentación do Plan funcional Sanidade impulsará a redacción do plan director e arquitectónico para a amplición deste hospital que contará con dotación orzamentaria no 2013.

Burela, 23 de xuño de 2012.- A Consellería de Sanidade vén de confirmar ao deputado popular e secretario da Mesa do Parlamento, Jose Manuel Balseiro, que o Goberno galego está traballando na elaboración dun novo plan funcional do Hospital da Costa adaptado ás novas necesidades dos cidadáns da Mariña e ás innovacións médico-cirúrxicas acontecidas nos últimos anos.

Balseiro Orol tamén explicou que, en opinión dos responsables do departamento autonómico de Sanidade o plan funcional anterior, elaborado polo bipartito, non responde ás necesidades actuais nin ás novas tendencias arquitectónicas e, en consecuencia, cómpre elaborar un novo documento.

PLAN DIRECTOR E ARQUITECTÓNICO

Nas mesmas conversas, Sanidade asegurou ao deptuado popular que este novo plan funcional se presentará antes de que remate o presente ano. E que, logo da presentación do plan funcional, a Xunta traballará no plan director e arquitectónico do hospital de Burela, dotándolle da consignación económica precisa nos orzamentos de 2013.

INICIATIVAS MOI ESPERADAS

Jose Manuel Balseiro Orol, deu a coñecer estas “esperadas e importantísimas dúas novas” en compañía de alcades e portavoces do Partido Popular da Mariña e singnificou que estes compromisos amosan como o Goberno Goberno galego do Partido Popular dá os primeiros pasos para a ampliación do centro hospitalario mariñán que o pasado ano cumpría o seu 25 aniversario de funcionamento.

Tanto o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo –en diversas declaracións públicas e intervencións parlamentarias- como a propia Consellería de Sanidade xa tiñan adiantado que estes proxectos formaban parte da axenda de traballo do actual Goberno ademais de constituír un compromiso electoral firme do Partido Popular

Exit mobile version