Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP interesase polas actividades formativas do programa “Pacto Polo Emprego”

Logo de que Besteiro presentase un programa de formación anunciando a inmedidata explicación das bases nas que consistiría

Candia pregúntalle a Besteiro se as actividades formativas do programa “Pacto Polo Emprego” están homologadas

A Voceira dos populares na Deputación de Lugo lembra que por parte do se grupo inténtase facer un seguimento de control de tódalas actividades que se desenvolven dende o Goberno bipartito do Ente Provincial

Lugo, 23 de xuño de 2012- Logo de que o Presidente da Deputación de Lugo presentase o programa de formación “pacto polo emprego”, o Grupo Provincial Popular traslada a súa preocupación a cerca de si esas actividades formativas van contar con homologación.

Os populares son conscientes de que, concretamente, en áreas sociosanitarias, esas actividades son moi demandadas polos cidadáns pero sobre todo, cando leve implícito a homologación e as faculte para traballar en centros da terceira idade ou disminuídos psíquicos.

A voceira do PP na Deputación de Lugo afirma que ao Grupo Provincial Popular no lle quedou claro si esas actividades contan coa homologación precisa que capacite para opter o certificado de profesionalidade , así como tampouco se aclara coa lectura das bases, polo que pide ao señor Besteiro que de resposta.

Elena Candia lembra que por parte do Grupo Provincial Popular inténtase facer un seguimento de control de tódalas actividades que se fan dende o Goberno Bipartito da Deputación de Lugo.

Conclúe Candia que nesta área é de vital importancia que as actividades sexan homologadas e asegura que intentarán aportar as propostas populares para que as actividades formativas vaian nesa liña.

Exit mobile version