Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pide explicacións á Deputación sobre os proxectos de construción e xestión das miniresidencias

Candia pídelle a Besteiro que explique aos seus edís a verdade sobre os proxectos de construcción e xestión das mini residencias

. Os populares lembran que Besteiro asumiu un compromiso coa localidade, materializado na adxudicación da obra da residencia en datas próximas as pasadas eleccións municipais

. Unha vez máis a falta de verdade e a manipulacion son a tónica predominante no proxecto das mini-residencias

Lugo a 8 de xuño de 2012.- A voceira do PP na Deputación de Lugo, Elena Candia, pídelle ao Presidente da Deputación, José Ramón Gómez Besteiro, que informe aos edís do seu partido nos concellos, onde proxectou e non cumpriu a construcción e xestión de mini-residencias.

Candia insta a Besteiro a que lle explique a voceira de Trabada, desinformada totalmente, que é coñecedor de que SUPLUSA ten que inscribirse no rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais sociais, algo do que carece.

“Fai unha semana o PP puxo de manifesto que SUPLUSA non figura inscrita no Rexistro único de entidades prestadoras de servizos sociais. Parécenos increíble e inexplicable o descoñecemento desta norma, o que fai indicar que aquí o que sucede é unha terrible falta de vontade”- afirma Candia.

A voceira dos populares na Deputación de Lugo lembra que antes das eleccións municipais, o Señor Besteiro, anunciaba a bombo e platillo que tiña todo listo; de feito adxudicou días antes das eleccións a construcción desa miniresidencia, desto fai máis dun ano- recorda Elena Candia.

Recorda a voceira dos populares as datas e o procedemento empregado polo señor Besteiro para a suposta construcción da miniresidencia:

-31 de xaneiro de 2011 asinase un convenio entre a Deputación de Lugo e o Concello de Trabada para a construcción e xestión das mini residencias.

-18 de maio de 2011 o señor Besteiro asina o pliego administrativo no que se recolle a adxudicación provisional a unha empresa

-27 de decembro de 2011, data da Xunta de Goberno, na que se formalizan as operacións de crédito para que o concello lle faga fronte aos 200.000 euros do convenio de xaneiro entre a Deputación e o Concello e aos 83.900 euros da adquisición do solar (o Concello de Trabada asume a limpeza e mantenimiento da parcela dende a súa adquisión por parte de SUPLUSA)

Candia lamenta que o Presidente da Deputación continue no seu afán de manipular e facer demagoxia e manifesta que xa que o señor Besteiro conta cun amplo número de asesores, deberían formalo a él e aos representantes locais para non cometer estos erros e informar ben a cidadanía.

Exit mobile version