Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP pregúntase se é o BNG quen decide os anuncios publicitarios da Deputación

Pouco máis tarde de que o PP presentase unha denuncia na Fiscalía logo de que a Deputación, coa autorización do Señor Besteiro, destinase diñeiro público a propaganda partidista

O PP de Lugo pregúntase: se foi o BNG o que pagou o anuncio, por qué aparece o selo da Vicepresidencia da Deputación e por qué da explicacións do mesmo unha vez que o denunciaron os populares

. O PP pregúntase se é o BNG quen decide os anuncios publicitarios da Deputación e pídelle a Besteiro que saía da retagarda a dar unha explicación

. O PP insiste en que en ningún lado do anuncio aparece o nome do BNG, senón que aparece o selo da Deputación
Lugo, 13 de xuño de 2012.- Tras ter constancia de que o Vicepresidente da Deputación de Lugo enviou a prensa un comunicado negando que o anuncio publicado en tres xornais, contra o apoio financieiro de 100.000 millóns outorgado pola UE a España, se pagara con cartos públicos e adxuntaba as facturas con cargo ao BNG, dúas ao BNG de Foz e outra ao BNG de Santiago, o Partido Popular de Lugo pregúntase se é o BNG quen decide os anuncios da Deputación.
O PP non entende por qué aparece o selo da Vicepresidencia da Deputación de Lugo se foi o BNG quen pagou o anuncio e por qué o Señor Antonio Veiga sae dando explicacións logo de que o PP denunciase esta barbaridade.
Pidenlle os populares ao Señor Besteiro que de explicacións, que saia da retarguada e fale XA, posto que é o máximo mandatario do Organismo provincial e cómplice deste anuncio.

Exit mobile version