Site icon Crónica3.com A Mariña

O PP utiliza reclamacións de aspirantes a guías da reserva Terras do Miño e Ancares para dicir que o presidente da Deputación minte

Candia: “As reclamacións postas polos aspirantes ás 24 prazas de formación de guías especializados nas Reservas Terras do Miño e os Ancares manifestan que o Señor Besteiro minte”

. O malestar, a disconformidade, xunto as reclamacións dos aspirantes ás 24 bolsas, ás que tivo acceso o PP, poñen de manifiesto a falta de credibilidade e transparencia do Señor Besteiro

Lugo a 5 de xuño de 2012.- A voceira dos populares na Deputación de Lugo, Elena Candia, dubida de que o Señor Besteiro diga a verdade en canto a “transparencia” empregada nos criterios de selección para a formación de 24 guías especializados nas reservas da biosfera Terras do Miño e Os Ancares.

Elena Candia asegura que as reclamacións postas por aspirantes ás 24 prazas manifestan a falta de transparencia e a credibilidade empregada pola Deputación. Entre outras, aluden a que:

1-Non se esixiron titulacións académicas acordes as funcións que ían desempeñar eses bolseiros

2- realizáronse dous exámenes diferentes un para cada quenda

3- non existíu nin unha pregunta sobre fauna, flora ou ecosistemas

4- non se sacaron a luz as notas dos exámenes

5- non se publicaron nin os baremos nin a puntuación da adecuación do currículum ou proxecto e a entrevista persoal

Candia asegurou, que estas reclamacións, postas por aspirantes a esas 24 bolsas poñen de manifesto, outra vez máis, a falta de transparencia, rigor e credibilidade do Señor Besteiro.

Exit mobile version