Site icon Crónica3.com A Mariña

O presidente do PP de Ribadeo tomou posesión na xunta directiva provincial do seu partido

NA TARDE DO MERCORES DÍA 14 DE XUNIO O RECENTEMENTE ELEXIDO PRESIDENTE DO PP DE RIBADEO TOMOU POSESIÓN DO SEU POSTO NA XUNTA DIRECTIVA PROVINCIAL DO PARTIDO EN LUGO.

Jesus López Penabad recentemente elexido Presidente do PP de Ribadeo asisitiu o xoves como membro de pleno dereito á reunión que a Xunta Directiva Provincial do PP celebrou en Lugo, deste xeito se fixo efectivo o relevo do anterior Presidente neste órgano Provincial.

No acto os asistentes, Alcaldes, Portavoces e membros da Xunta Provincial do PP, deron unha calurosa benvida o novo Presidente o tempo que lle desexaron os maiores éxitos ao fronte da Xunta Local.

Pola súa banda, tanto o Presidente Provincial, Jose Manuel Bareiro, como o Secretario Provincial do PP, José Manuel Balseiro, amosaron a máxima disposición e colaboración do PP provincial e da sua directiva para apoiar a nova Executiva do PP de Ribadeo no proxecto que estaban escomenzando é que debía levalos a acadar a Alcaldía nas proximas eleccións locais.

Exit mobile version