Site icon Crónica3.com A Mariña

O presidente do RCN de Ribadeo está preocupado polo funcionamento do baixo alcantarillado de Porcillán

MARIO COTO ESTÁ PREOCUPADO POLO FUNCIONAMENTO DO BAIXO ALCANTARILLADO DE PORCILLÁN. A DIRECTIVA AGARDA QUE OS PROBLEMAS QUE SE OCASIONAN EN DÍAS DE CHUVIAS INTENSAS SE SOLUCIONEN CANTO ANTES.

Ribadeo, 14 de xuño de 2012. O presidente do Real Club Náutico de Ribadeo, Mario Coto, está preocupado polo funcionamento do baixo alcantarillado de Porcillán. A actual directiva agarda que os problemas que se ocasionan cando chove moito se solucionen canto antes.

Coto referíuse ás declaracións efectuadas hai uns días polo concelleiro de Medio Ambiente, Horacio Cupeiro, nas que éste pedía á poboación que non botase polos retretes plásticos, trapos ou produtos de hixiene femenina, para evitar que todos eses desperdicios aparezan a flote no porto deportivo en días de chuvias intensas cando se levantan as tapas do alcantarillado e deixan todo feito un desastre. O presidente do RNCR dixo que “parécenos axeitada a recomendación que facía hai uns días o concelleiro de Medio Ambiente de Ribadeo, Horacio Cupeiro, para ver si sensibilizamos á poboación. Temos un problema no baixo alcantarillado en Porcillán que lle afecta ao porto deportivo de Ribadeo, porque toda esa escorrentía cae dentro da nosa dársena”.

Mario Coto asegurou que ambos e o alcalde falaron dese asunto a semana pasada durante a visita cursada a Ribadeo polo presidente de Portos de Galicia, “a semana pasada estivemos a falar dese tema, que eu sei que é peliagudo e problemático porque o separativo de fluviais e fecais aínda non está ao cen por cen operativo, e cando se produce unha escorrentía importante de auga sálenos alí. Sei que o alcalde e o concelleiro están preocupados por este asunto e nós desde o Real Club Náutico de Ribadeo tamén, porque de momento non pasou nada coas bandeiras azuis, pero non queremos que esto siga a suceder”. O presidente do Real Club Náutico de Ribadeo lembrou que “desde que está esta directiva xa se modificou o aliviadero que temos alí e o colector, pero o resto non. Hai boa vontade por parte de todos desde a administración local ata Portos de Galicia, que aínda que non ten nada que ver nisto si nos pode botar unha man así o vai facer. É un mal que temos aí, pero agardamos que se solucione canto antes”.

Exit mobile version